Areteo
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | século I Capadocia, Turquía |
| Morte | século II Alexandría, Exipto |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Medicina |
| Ocupación | médico |
| Período | Imperio Romano |
| Obra | |
Obras destacables | |
| Descrito pola fonte | Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Enciclopedia Leksikon |
Areteo chamado a miúdo o Capadocio (latín Aretaeus, grego antigo Αρεται̂ος Καππάδοξ) foi un médico grego, un dos máis famosos de todos os médicos gregos antigos, pero non se coñecen detalles da súa vida.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Probabelmente viviu no século I durante os reinados de Nerón e Vespasiano. Escribiu en grego xónico un tratado xeral sobre enfermidades que aínda existe, onde describía os síntomas minuciosamente. O seu sistema de loita contra as enfermidades era bastante intelixente e máis enérxico que o dos metódicos. Na súa práctica seguiu as ensinanzas de Hipócrates, pero prestou pouca atención ao que se chamaba "as accións naturais do sistema" e ao contrario do seu inspirador, non dubidaba en contrarrestalas cando lle parecían prexudiciais.
Polo que se deduce dos seus tratamentos, utilizaba purgas, narcóticos, flebotomías e elementos externos. Algúns o consideran membro da seita dos pneumáticos, próxima á escola dogmática, porque mantiña doutrinas similares ás desta escola de medicina, e segundo outros debería situarse na seita dos eclécticos ou empíricos.
A súa obra consta de oito libros, dos cales catro se titulan Περὶ Αἰτιω̂ν καὶ Σημείων ̓Οξέων καὶ Χρονίων Παθω̂ν, De Causis et Signis Acutorum et Diuturnorum Morborum, e os outros catro Περὶ Θεραπείας ̓Οξέων καὶ Χρονίων Παθω̂ν, De Curatione Acutorum et Diuturnorum Morborum, conservados case completos, aínda que faltan algúns capítulos[1].