Ardia, O Grove, O Grove

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ardia
ParroquiaO Grove
ConcelloO Grove
Coordenadas42°28′39″N 8°51′41″O / 42.47746111, -8.86128333Coordenadas: 42°28′39″N 8°51′41″O / 42.47746111, -8.86128333
Poboación253 hab. (2018)
editar datos en Wikidata ]

Ardia é un lugar da parroquia do Grove no concello pontevedrés do Grove, na Comarca do Salnés. Tiña 253 habitantes no ano 2018, segundo datos do IGE, dos cales 137 eran mulleres e 116 homes, o que representa un leve descenso en relación ós anos 2015, cando tiña 263 veciños, e 2010, cando eran 278.

O lugar aparece nomeado nunha doazón que o rei Ordoño II fai da vilam Ardenam (hoxe Ardia) ó bispo Sisnando II, no ano 911 [1]. Pola súa banda, Filgueira Valverde constata que o topónimo dá nome a un xograr medieval, Pero de Ardia [2].

O lugar aparece citado na viaxe a Galicia que realizou Sarmiento o 19 de xullo de 1745: "Del Grove pasé a su aldea Graña. De Graña a Ardea".

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia do Grove[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia do Grove no concello do Grove (provincia de Pontevedra)

Ardia | Boibas | Borreiros | Campos | Cantodorxo | A Carballeira | O Con | Estonllo | A Graña | O Grove | Meloxo | Os Pardiños | O Porto de Meloxo | Terra de Porto | A Toxa | A Viña de Millán | Virxe das Mareas

Parroquias do Grove[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias do Grove

O Grove (San Martiño) | San Vicente do Grove (San Vicente)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Xoán Dopico: "Arousa: a illa dá o nome á ría", revista Dorna, outono 2006 [1] Arquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine..
  2. Gran Enciclopedia Galega, tomo 3, s. v. Ardia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • SARMIENTO, Fr. Martín: Viaje a Galicia (1745). Edición e estudo por J. L. Pensado. Museo de Pontevedra e Universidad de Salamanca, 1975.