Arantxa Echevarría

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Arantxa Echevarría
Foto-Arantxa-Echevarriaok-900x750.jpg
Nacemento1968
 Bilbao
Nacionalidade España
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid
Ocupacióndirectora de cine, guionista e produtora
Coñecida porCarmen and Lola
editar datos en Wikidata ]

Arantxa Echevarría, nada en Bilbao en 1968, é unha directora, guionista e produtora de cinema e televisión española.[1] En 2018, converteuse na primeira directora de cine español seleccionada na Quincena de Realizadores do Festival de Cannes pola súa ópera prima Carmen y Lola.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Echevarría estudou Ciencias da Imaxe na Universidade Complutense de Madrid e especializouse en Realización Audiovisual no CMA da mesma universidade e produción cinematográfica no Sidney Community College en Síyney (Australia). Desde 1991, Echevarría desenvolve a súa carreira profesional na industria audiovisual, compaxinando traballos en publicidade e cine. Para Televisión Española dirixiu Cuestión de pelotas, unha reportaxe de Documentos TV sobre as mulleres futbolistas que, en lugar de ser contratadas polo seu talento deportivo, ocupaban postos como limpadoras. A emisión deste documental obrigou a Real Federación Española de Fútbol a regularizar a situación laboral e deportiva destas mulleres.[3]

En 2014, a súa curtametraxe De noche y de pronto, protagonizada por Javier Godino e Alicia Rubio foi nomeada aos premios Goya na súa 28 edición e recibiu o premio á mellor curtametraxe no festival Etheria Film Night en Os Ánxeles.[4][5] Un ano despois, en 2015, Echevarría coescribiu o guión da longametraxe El resto de mi vida xunto a Martín Costa, o seu director, e dirixiu a curtametraxe Yo, Presidenta que se estreou no Festival de Cine de Medina del Campo e no que apareceu por última vez antes do seu falecemento a actriz española Chus Lampreave. Nesta mesma curtametraxe, o divulgador científico Eduard Punset realizou un cameo interpretándose a si mesmo.

A súa experiencia profesional como curtametraxista reflíctese no libro 59 Directoras de Cortometrajes onde o cineasta experto na curtametraxe española, Miguel Ángel Escudero, recolle o testemuño de cineastas e a súa relación co mundo da curtametraxe.[6][7]

Recoñecemento[editar | editar a fonte]

Arantxa Echevarría nos Premios Goya 2019

Os seus primeiros pasos na dirección comezaron coa curtametraxe Panchito, unha traxicomedia con actores non profesionais que recibiu, entre outros, o premio Telemadrid. De noche y de pronto, un thriller psicolóxico dirixido en 2014, foi nomeado a mellor curtametraxe na XXVIII edición dos Premios Goya.[8] A curtametraxe El último bus, recibiu o prestixioso premio de mellor proxecto do Festival de Medina del Campo.[9]

En 2017, Echevarría dirixiu a súa primeira longametraxe Carmen y Lola[10] que foi nomeada a oito premios Goya 2019: película, guión orixinal (Arantxa Echevarria), dirección novel (Arantxa Echevarria), actriz revelación (Rosy Rodríguez e Zaira Romero), actor revelación (Moreno Borja), actriz secundaria Carolina Yuste) e canción orixinal ("Me vas a extrañar", de Paco de la Rosa). A película foi finalista do premio Julio Alejandro da Sociedade Xeral de Autores e Editores (SGAE).[11] Ademais, a súa ópera prima foi seleccionada en abril de 2018 para a Quincena de Realizadores (unha sección paralela que cumpre 50 anos) para realizar a súa estrea mundial no marco do Festival de Cannes, onde tamén optou ao premio Caméra d'or á Mellor Ópera Prima.[12] Así mesmo gañou o premio Dunia Ayaso no Festival de Valladolid de 2018 e tres premios no Toulouse Cinespaña (actor, Premio do Público e Violette d'Or).

Nomeada á mellor dirección novel na 33ª edición dos Premios Goya, o 2 de febreiro de 2019, resultou gañadora e recibiu o devandito premio, pola súa película Carmen y Lola.[13][14]

Filmografía[editar | editar a fonte]

  • 2010 – Panchito. Curtametraxe. Telemadrid. Semana del corto de Madrid.[15]
  • 2010 – Cuestión de pelotas. Documental. Documentos TV. Televisión Española.[3]
  • 2012 – Don Enrique de Guzmán. Curtametraxe de ficción.
  • 2013 – De noche y de pronto. Curtametraxe.
  • 2015 – El solista de la orquesta. Documental.
  • 2015 – Yo, Presidenta. Curtametraxe.
  • 2016 – El último bus. Curtametraxe.
  • 2018 – Carmen y Lola. Longametraxe.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Guía "marvelófila" para saberlo todo (o casi) sobre 'Los Vengadores: Infinity War'". eldiario.es (en castelán). Consultado o 28 de abril de 2018. 
  2. "Los españoles Jaime Rosales y Arantxa Echevarría presentan sus películas en la Quincena de Cannes - RTVE.es". RTVE.es (en castelán). 17 de abril de 2018. Consultado o 30 de abril de 2018. 
  3. 3,0 3,1 "Documentos TV. "Cuestión de pelotas" - RTVE.es". RTVE.es (en castelán). 14 de octubre de 2010. Consultado o 28 de abril de 2018. 
  4. "De noche y de pronto » Premios Goya 2018" (en castelán). Consultado o 7 de mayo de 2018. 
  5. "Etheria Film Night - Short Horror, Science Fiction, Fantasy, Action, and Thrillers directed by women" (en inglés). Consultado o 7 de mayo de 2018. 
  6. Castro, Amanda. "59 Directoras de Cortometrajes. Perfiles de Cineastas Españolas" (en inglés). Consultado o 7 de mayo de 2018. 
  7. info@ateccs.com, Atec Creative Solutions,. "Historia Nuevos Realizadores". Historia Nuevos Realizadores (en castelán). Consultado o 7 de mayo de 2018. 
  8. "Películas » Premios Goya 2018" (en castelán). Consultado o 28 de abril de 2018. 
  9. "Un "gran número" de empresas vascas en el Marché du Film de Cannes". www.diariovasco.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 29 de abril de 2018. Consultado o 28 de abril de 2018. 
  10. Modelo desbotado. Use un dos modelos de citas no lugar deste marcador.
  11. "Finalistas del Premio SGAE de Guion Julio Alejandro 2016" (en castelán). Consultado o 28 de abril de 2018. 
  12. Vasca, EiTB Radio Televisión Pública. "La bilbaína Arantxa Echevarría, en la Quincena de Cannes con su ópera prima" (en castelán). Consultado o 28 de abril de 2018. 
  13. Riaño, Peio H. (3 de febrero de 2019). "Arantxa Echevarría anima a los retrógrados a ver una película de “lesbianas, gitanas y mujeres”". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 3 de febrero de 2019. 
  14. "Los Goya 2019 apuestan por la diversidad: 'Carmen y Lola' gana los premios a mejor dirección novel y mejor actriz secundaria" (en castelán). 3 de febrero de 2019. Consultado o 3 de febrero de 2019. 
  15. "Panchito » Premios Goya 2018" (en castelán). Consultado o 7 de mayo de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]