Ara Pacis
| Ara Pacis | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Roma | |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||
A Ara Pacis é un monumento conmemorativo construído entre o 13 e o 9 a. C. por decisión do senado romano, en acción de grazas polo regreso do emperador Augusto tralas súas vitoriosas campañas en Hispania e na Galia e pola paz que este impuxo. Está dedicado á deusa da paz e erguido, no Campo de Marte, onde cada ano debíanse sacrificar un carneiro e dous bois. O material utilizado é mármore de Carrara. Ten unha planta rectangular cunhas dimensións de 11 x 10 x 4’60 metros e non está cuberto. Presenta dúas portas: unha frontal para o sacerdote oficiante, precedida dunha escalinata, e outra posterior para as vítimas; estas portas estaban orixinalmente orientadas ó leste e ó oeste. No seu interior o centro está ocupado pola ara, propiamente dita, que se asenta sobre un pedestal graduado.
Descrición
[editar | editar a fonte]O máis destacado é a decoración escultórica que recobre o edificio. No interior o friso esta ocupado por grilandas e bucráneos. No interior os zócolos recóbrense de follas de acanto. Os frisos exteriores teñen distinta decoración segundo a súa localización: flanqueando as portas catro alegorías, e nos muros laterais dúas procesións. As alegorías están relacionadas coa mítica fundación de Roma. Dos catro orixinais só dous conserváronse case completos; un destes representa a Eneas e o outro (o mellor conservado) á Terra, como unha muller con dous nenos, flanqueada polos xenios fertilizantes do Aire sobre un cisne e da Auga sobre un monstro mariño; todo iso acompañado de froitos e animais que fan alusión á prosperidade proporcionada pola Paz de Augusto.

A procesión dos frisos laterais representa a Augusto, a súa familia, amigos, maxistrados e senadores, compoñendo un magnífico conxunto de retratos que, non obstante, deixa entrever unha forte influencia das Panateneas do Partenón, se ben os personaxes desfilan en dúas ringleiras con máis orde e disciplina que no templo ático. Combínanse altorrelevos con medio e baixorelevos, que contribúen a crear sensación de profundidade.
Encontrámonos ante unha obra que combina os elementos de orixe grega e helenística (a influencia de Fidias, as alegorías e elementos decorativos helenísticos) co realismo e a sobriedade características da tradición romana do retrato, e representando pola súa calidade o punto máis alto xamais alcanzado na arte dos relevos.
Reutilización
[editar | editar a fonte]Os seus restos foron reutilizados no cimento do palacio de Humberto I. En 1903 realizáronse as primeiras escavacións sistemáticas completadas entre 1937 e 1938, coa reconstrución do edificio.
O altar estaba localizado orixinalmente no Campo de Marte. Benito Mussolini construíulle un edificio protector coa intención de crear un parque dedicado a Roma como exemplo do Fascismo Italiano.
Richard Meier, arquitecto americano modernista, deseñou hai uns meses un novo edificio que substitúe ó de Mussolini. Esta nova construción provocou unha gran polémica e foi moi criticada.
Este artigo sobre arquitectura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ara Pacis |