Arístides Quintiliano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaArístides Quintiliano
Biografía
Nacemento(grc) Ἀριστείδης Κοϊντιλιανός Editar o valor em Wikidata
século II Editar o valor em Wikidata
Mísia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morteséculo III Editar o valor em Wikidata
Mísia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaSmyrna (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeRoma Antiga Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónteórico da música Editar o valor em Wikidata
Período de tempoImperio Romano Editar o valor em Wikidata
Período de actividade(Con vida en: século III Editar o valor em Wikidata)
LinguaGrego antigo Editar o valor em Wikidata

Arístides Quintiliano (grego: Ἀριστείδης Κοϊντιλιανός) foi un teórico da música grego, de formación non só musicolóxica senón filosófica, de cuxa vida apenas sabemos nada, agás que tivo que vivir nunha época posterior a Cicerón (século -I), ao que menciona, e anterior a Marciano Capella (século V), quen utiliza pasaxes da obra de Arístides. Foi autor dun tratado musical, Perì musikês (Περί Μουσικῆς, Sobre a música) no que pretendeu mostrar todos os aspectos concernentes á música, tanto os especificamente técnicos, como os filosóficos, tentando conciliar a teorización aristoxenista e a pitagórica. A primeira edición da súa obra e a súa tradución ao latín foi realizada por Marcus Meibomius (Antiquae Musicae Auctores Septem, 1652).

Sobre a música[editar | editar a fonte]

O tratado ten un carácter enciclopédico e presenta unha visión totalizadora da música. O interese da obra reside en que nos proporciona abundante información sobre a música na Antigüidade, tanto sobre a práctica musical, como sobre a súa teoría. Na música teórica distingue entre a música da arte (teoría harmónica, rítmica e métrica) e a música da natureza (matemática musical e constitución musical do universo). Na música da arte inclúe a danza, a poesía e a interpretación escénica. No libro I fai unha descrición detallada do sistema musical grego no seu conxunto, expondo a Harmónica, a Rítmica e a Métrica. Xunto a iso transmítenos as escalas en uso na época de Damón[1] (as mencionadas por Platón n'A República[2]). No libro II ocúpase da música práctica ou educativa, explicando a importancia da música na educación e na formación do éthos, así como na terapia das paixóns. Transmite a teoría de Damón sobre a influencia da música na alma. Así mesmo, proporciona unha explicación de carácter pitagórico-platónico para xustificar a acción da música sobre a alma, baseada na teoría da resonancia (co exemplo da corda da lira que soa por resonancia sen ser pulsada directamente) e na afinidade dos instrumentos musicais coa constitución adquirida pola alma no seu descenso a través das rexións celestes[3]. Xunto a iso ofrécenos unha descrición da práctica do solfexo na música antiga[4]. No libro III dedícase aos aspectos matemáticos da música, é dicir, ás relacións numéricas que constitúen os intervalos musicais (proporcións aritmética, xeométrica e harmónica) e á súa extrapolación á astronomía da súa época, o que el chama a música da natureza.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Arist. Quint. 19-20
  2. Platón, República, 399a
  3. Arist. Quint. 86-90
  4. Arist. Quint. 79-80

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Quintiliano, Arístides. Sobre la música. Introducción, traducción y notas de Luis Colomer y Begoña Gil. Revisada por J. García López. Madrid: Editorial Gredos. ISBN 978-84-249-1797-5. 
  • Quintilianus, Aristides. On Music in three Books. Traducción de Thomas J. Mathiesen. New Haven-London. 
  • Quintiliani, Aristidis. De musica libri tres. Edición del texto griego por R. P. Winnington-Ingram. Leipzig. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • Extracto do tratado de música: pasaxe referente ao número nupcial de Platón.