Aptenia cordifolia
Aptenia cordifolia | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Aspecto xeral da especie híbrida Aptenia x "Red Apple". | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
|
Aptenia cordifolia (L.f.) Schwantes, é unha especie de planta ornamental pertencente á familia das aizoáceas.
Descrición
[editar | editar a fonte]Aptenia cordifolia é unha planta rastreira que forma unha alfombra de herbas perennes de formación plana en grupos sobre o terreo a partir dunha base. Os talos poden alcanzar uns 3 metros de longo. As follas de cor verde brillante, carnosas, teñen xeralmente forma de corazón duns 3 centímetros de longo ou máis. Ten brillantes flores de cor rosa a púrpura que aparecen nas axilas da folla e están abertas durante o día. Estes verticilos colorados non son pétalos, senón estaminodios non funcionais, como en todos os Aizoaceae. Ten 4 tépalos (2+2) acrescentes na fructificación. O froito é unha cápsula de pouco máis dun centímetro de longo con sementes tuberculadas milimétricas de cor parda. Aptenia x "Red Apple" é a máis difundida en cultivo e é a miúdo confundida coa verdadeira Aptenia cordifolia. Trátase dun híbrido entre a propia Aptenia cordifolia e Aptenia haeckeliana, de crecemento máis vigoroso, flores que tenden a ter unha cor máis avermellada (a diferenza da auténtica A. cordifolia na que son moradas) e follas cunha forma menos acorazonada e de cor verde máis brillante. Existe unha forma variegada.
Distribución xeográfica
[editar | editar a fonte]A. cordifolia é nativa de África meridional, pero é coñecida amplamente como planta ornamental. Nalgunhas áreas crece silvestre como unha especie introducida, a miúdo despois de escapar de cultivo.
Cultivo
[editar | editar a fonte]Esta planta é ideal para cubrir muros, rocallas e zonas peladas de céspede. Debido ao seu extenso desenvolvemento, é útil para evitar o crecemento de malas herbas no terreo onde se planta. Tamén pode subsistir sen problemas en maceta. A Aptenia cordiflora é moi fácil de cultivar. Necesita moita luz para vivir, mellor a pleno sol. Con respecto aos riscos, é moi resistente á seca, pero coa terra húmida crece rapidamente. Convén que a terra de cultivo teña boa drenaxe. Non soporta as xeadas. Reprodúcese facilmente a partir gallos dos talos desenvolvidos, raíces, sementes do seu froito capsular, mesmo das súas propias follas enterradas.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Aptenia cordifolia foi descrita por (L.f.) Schwantes e publicado en Gartenflora 77: 69, 1928, e, orixinalmente, como Mesembryanthemum cordifolium por Carl Von Linné fillo, Suppl. Pl., 260, 1782.[1]
Aptenia: nome xenérico que procede do grego apten, apters, que significa "sen ás", facendo referencia a que as cápsulas carecen de filamentos alados.
cordifolia: epíteto que procede do latín cordis, que significa "corazón" e folius, que significa "follaxe", aludindo ás follas acorazonadas desta especie.[2]
- Tetracoilanthus cordifolius (L.f.) Rappa & Camarrone, Lav. Ist. Bot. Giard. Bot. Colon. Palermo, 5: 66, 1959 comb. invalid.
- Litocarpus cordifolius (L.f.) L.Bolus, Flowering Plants of South Africa 7:261, 1927
- Mesembryanthemum cordifolium L.f., Suppl. Pl., pl.260, 1782 (=basiónimo)
- Aptenia cordifolia (L. f.) N.E.Br., Jour. Bot. (Londres) 66: 139, 1928
- Ludolfia cordifolius (L. f.) L.Bolus, Flowering Plants of South Africa 7, 1927[3][4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Aptenia cordifolia". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 11 de agosto de 2012.
- ↑ Aptenia cordifolia en Flora de Canarias
- ↑ "Mesembryanthemum cordifolium L. fil.". www.catalogueoflife.org. Consultado o 2023-11-06.
- ↑ Sinónimos p.p. en The Plant List Arquivado 10 de xaneiro de 2019 en Wayback Machine.