Aparicións de Pontevedra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

As aparicións de Pontevedra foron dúas aparicións marianas na residencia das irmás Doroteas de Pontevedra a Sor Lucía, unhas das rapazas que mirara a Nosa Señora de Fátima.

Primeira aparición[editar | editar a fonte]

Oito anos despois das aparicións de Fátima, unhas das testemuñas, coñecida agora como Sor Lucía, vivía na residencia das irmás Doroteas en Pontevedra. Segundo ela, o 10 de decembro de 1925 experimentou outra aparición da Virxe María, que lle prometera volver visitala para revelarlle os requisitos específicos para a comuñón da reparación nos primeiros sábados.

Segundo conta, apareceuse a Virxe, e a carón dela, elevado nunha nube luminosa, o neno Xesús. A Virxe puxo a man no seu ombreiro, e ensinoulle un corazón rodeado de espiñas que tiña na outra man. Ao tempo, o neno Xesús pediulle a Sor Lucía que tivese compaixón da súa nai, referíndose a ela como a nai no ceo da monxa. Despois, a Virxe díxolle as devocións dos cinco primeiros sábados de mes.

A devoción da comuñón de reparación nos cinco primeiros sábados está considerada unha parte esencial da mensaxe de Fátima, mencionada pola Virxe o 13 de xullo de 1917. Se alguén cumpre esas condicións nos primeiros sábados de cinco meses consecutivos, a Virxe María concederíalle unha graza especial na hora da súa morte.

A devoción dos primeiros sábados xa fora establecida na Igrexa Católica polo papa Pío X o 1 de xullo de 1905, dando indulxencias a quen adorase a Inmaculada Concepción durante doce meses seguidos.

Segunda aparición[editar | editar a fonte]

O 15 de febreiro de 1926 Sor Lucía dixo que mentres sacaba o lixo ao xardín, viu un neno que recoñeceu, e que despois dunha conversa, o neno transformouse no neno Xesús, que reprochouna por non promover a devoción dos primeiros sábados.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]