Saltar ao contido

Antón I Naxib

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaReverendísimo Editar o valor en Wikidata
Antón I Naxib

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ar) أنطونيوس نجيب Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento18 de marzo de 1935 Editar o valor en Wikidata
Samalut, Exipto (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte28 de marzo de 2022 Editar o valor en Wikidata (87 anos)
O Cairo, Exipto Editar o valor en Wikidata
Cardeal
20 de novembro de 2010 – 15 de xaneiro de 2013
Coptic Catholic Patriarchate of Alexandria (en) Traducir
30 de marzo de 2006 – 15 de xaneiro de 2013
← Stéphanos II Ghattas (pt) TraducirAbraham Isaac Sidrak →
Bispo diocesano
26 de xullo de 1977 – 29 de setembro de 2002
← Isaac Ghattas (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica e Igreja Católica Copta (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónPontificia Universidade Urbaniana
Pontificio Instituto Bíblico Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (1977–), sacerdote católico (1960–) Editar o valor en Wikidata
ConsagraciónStephanos I Sidarouss (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Participou en
marzo de 2013conclave de 2013 Editar o valor en Wikidata

Antón I Naxib (en árabe: أنطونيوس الأول نجيب), nado en Samalut[1] (gobernación de Minia, Exipto) o 18 de marzo de 1935 e finado no Cairo o 28 de marzo de 2022,[2] foi un eclesiástico católico copto, Patriarca de Alexandría entre 2006 e 2013, e cardeal da Igrexa Católica.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Entre 1953 e 1958 estudou no seminario interritual de Maadi (O Cairo) e, posteriormente, na Pontificia Universidade Urbaniana de Roma. Á súa volta a Exipto, realizou o servizo militar, e posteriormente foi ordenado sacerdote o 30 de outubro de 1960.[1] Despois de exercer o seu ministerio durante un ano en Al-Fikria, na gobernación de Minia, volveu a Roma onde licenciouse en Teoloxía en 1962 e en Sagradas Escrituras en 1964 polo Pontificio Instituto Bíblico. A partir de 1964 foi profesor de Sagrada Escritura no seminario de Maadi. Tamén traballou coa Sociedade Bíblica do Líbano nunha nova tradución árabe do Novo Testamento, común para católicos, ortodoxos e protestantes.

Bispo de Minia

[editar | editar a fonte]

O 26 de xullo de 1977 foi nomeado bispo de Minia.[1] Recibiu a consagración episcopal de mans do patriarca Estevo I o 9 de setembro.[1]

Durante o seu pontificado preocupouse especialmente pola formación dos sacerdotes, para os que instituíu retiros e cursos formativos específicos de xeito continuo ao longo do ano. Tamén esforzouse na formación relixiosa dos laicos, fomentando as vocacións ao sacerdocio e á vida consagrada. Outra das súas prioridades na eparquía de Minia foi a educación, polo que creou tres escolas católicas, abertas a cristiáns e musulmáns.

Por problemas de saúde, renunciou ao goberno da eparquía o 9 de setembro de 2002.[1]

Patriarca de Alexandría

[editar | editar a fonte]

O 30 de marzo de 2006 foi elixido patriarca de Alexandría polo Santo Sínodo da Igrexa Católica Copta.[1] Unha semana máis tarde, o papa Bieito XVI lle concedeu a comuñón eclesiástica.[1]

No consistorio do 20 de novembro de 2010 o papa Bieito XVI creouno cardeal.

En febreiro de 2012, a súa saúde deteriorouse novamente, polo que o bispo de Asiut Kirilus Wiliam foi designado para gobernar a Igrexa en caso de incapacidade do patriarca. O cardeal sufriu un ataque cerebral o 31 de decembro de 2011 que lle provocou unha parálise parcial e dificultades na fala. Renunciou ao cargo de patriarca o 15 de xaneiro de 2013.

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Annuario Pontificio (en italiano). Libreria Editrice Vaticana. 2009. p. 3. ISBN 9788820981914. 
  2. Glatz, Carol (28 de marzo de 2022). "Cardinal Naguib, retired patriarch of Coptic Catholic Church, dies at 87". Crux. Catholic News Service. Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2022. Consultado o 28 de marzo de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Ishaq Ratas
 Bispo de Minia 
1977 - 2002
Sucesor:
Abraham Isaac Sidrak
Predecesor:
Estevo II Ratas
 Patriarca de Alexandría 
2006 - 2013
Sucesor:
Abraham Isaac Sidrak