Antón I Naxib
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 18 de marzo de 1935 Samalut |
| Morte | 28 de marzo de 2022 O Cairo |
| 20 de novembro de 2010 – | |
| Coptic Catholic Patriarchate of Alexandria (en) | |
| 30 de marzo de 2006 – 15 de xaneiro de 2013 ← Stéphanos II Ghattas (pt) | |
| Bispo diocesano | |
| 26 de xullo de 1977 – 29 de setembro de 2002 ← Isaac Ghattas (en) Diocese: Coptic Catholic Eparchy of Minya (en) | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Igrexa católica e Igrexa católica copta |
| Educación | Pontificia Universidade Urbaniana Pontificio Instituto Bíblico |
| Actividade | |
| Ocupación | bispo católico (1977–), sacerdote católico (1960–) |
| Consagración | Estevo I Sidarus |
| Participou en | |
| marzo de 2013 | conclave de 2013 |
Antón I Naxib (en árabe: أنطونيوس الأول نجيب), nado en Samalut[1] (gobernación de Minia, Exipto) o 18 de marzo de 1935 e finado no Cairo o 28 de marzo de 2022,[2] foi un eclesiástico católico copto, Patriarca de Alexandría entre 2006 e 2013, e cardeal da Igrexa Católica.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Entre 1953 e 1958 estudou no seminario interritual de Maadi (O Cairo) e, posteriormente, na Pontificia Universidade Urbaniana de Roma. Á súa volta a Exipto, realizou o servizo militar, e posteriormente foi ordenado sacerdote o 30 de outubro de 1960.[1] Despois de exercer o seu ministerio durante un ano en Al-Fikria, na gobernación de Minia, volveu a Roma onde licenciouse en Teoloxía en 1962 e en Sagradas Escrituras en 1964 polo Pontificio Instituto Bíblico. A partir de 1964 foi profesor de Sagrada Escritura no seminario de Maadi. Tamén traballou coa Sociedade Bíblica do Líbano nunha nova tradución árabe do Novo Testamento, común para católicos, ortodoxos e protestantes.
Bispo de Minia
[editar | editar a fonte]O 26 de xullo de 1977 foi nomeado bispo de Minia.[1] Recibiu a consagración episcopal de mans do patriarca Estevo I o 9 de setembro.[1]
Durante o seu pontificado preocupouse especialmente pola formación dos sacerdotes, para os que instituíu retiros e cursos formativos específicos de xeito continuo ao longo do ano. Tamén esforzouse na formación relixiosa dos laicos, fomentando as vocacións ao sacerdocio e á vida consagrada. Outra das súas prioridades na eparquía de Minia foi a educación, polo que creou tres escolas católicas, abertas a cristiáns e musulmáns.
Por problemas de saúde, renunciou ao goberno da eparquía o 9 de setembro de 2002.[1]
Patriarca de Alexandría
[editar | editar a fonte]O 30 de marzo de 2006 foi elixido patriarca de Alexandría polo Santo Sínodo da Igrexa Católica Copta.[1] Unha semana máis tarde, o papa Bieito XVI lle concedeu a comuñón eclesiástica.[1]
No consistorio do 20 de novembro de 2010 o papa Bieito XVI creouno cardeal.
En febreiro de 2012, a súa saúde deteriorouse novamente, polo que o bispo de Asiut Kirilus Wiliam foi designado para gobernar a Igrexa en caso de incapacidade do patriarca. O cardeal sufriu un ataque cerebral o 31 de decembro de 2011 que lle provocou unha parálise parcial e dificultades na fala. Renunciou ao cargo de patriarca o 15 de xaneiro de 2013.
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 4 5 6 7 Annuario Pontificio (en italiano). Libreria Editrice Vaticana. 2009. p. 3. ISBN 9788820981914.
- ↑ Glatz, Carol (28 de marzo de 2022). "Cardinal Naguib, retired patriarch of Coptic Catholic Church, dies at 87". Crux. Catholic News Service. Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2022. Consultado o 28 de marzo de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Dignidades da Igrexa católica | ||
|---|---|---|
| Predecesor: Ishaq Ratas |
Bispo de Minia 1977 - 2002 |
Sucesor: Abraham Isaac Sidrak |
| Predecesor: Estevo II Ratas |
Patriarca de Alexandría 2006 - 2013 |
Sucesor: Abraham Isaac Sidrak |
- Nados en 1935
- Finados en 2022
- Nados en Exipto
- Bispos católicos do século XX
- Bispos católicos do século XXI
- Bispos católicos de Exipto
- Bispos da Igrexa católica copta
- Patriarcas católicos coptos de Alexandría
- Cardeais creados por Bieito XVI
- Cardeais de Exipto
- Alumnos da Pontificia Universidade Urbaniana
- Alumnos do Pontificio Instituto Bíblico