Antonio de Remesal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Antonio de Remesal
Nacemento1570
 Allariz
Falecemento1619
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor
editar datos en Wikidata ]

Antonio de Remesal, nado en Allariz en 1570 e finado en Madrid en 1619[1], foi un eclesiástico e historiador galego, cronista en Centroamérica.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

No ano 1593 ingresa no convento de San Esteban de Salamanca, da orde dominica[1].

Trasladouse a América en 1613 como acompañante de frei Alonso de Galdo, que fora nomeado bispo de Comayagua (Honduras). Anteriormente ao comezo desta viaxe, Remesal reunira información sobre os dominicos en Filipinas, e comezara a escribir un libro sobre frei Bartolomé de las Casas.[1] Chegou a Guatemala en 1614 e viviu no convento de Santo Domingo, onde desempeñou o cargo de confesor do gobernador provincial e comezou a estudar Guatemala e Chiapas onde se documentou con variada información que máis tarde utilizaría nos seus escritos.[1]

Comezou en 1615 a súa obra como historiador, e esta publicouse en 1619 baixo o título de Historia de la provincia de San Vicente de Chiapas y Guatemala ou Historia general de las Indias Occidentales y particular de la Gobernación de Chiapa y Guatemala; ademais dos temas mencionados no títulos os libros posúen información sobre as illas Filipinas, sobre Oaxaca e Perú, a conquista de Pedro de Alvarado e sobre Bartolomé de las Casas[1][2].

A súa obra foi impresa en España, e Remesal mesmo levou a América cinco caixas de exemplares, mais foron confiscados polo deán da catedral de Guatemala Felipe Ruiz del Corral, quen era comisario do Tribunal da Inquisición. Na súa obra Remesal realizaba duros ataques aos conquistadores da zona (seguindo a liña de Bartolomé de las Casas), polo que Ruiz del Corral acusouno de difamación de personaxes e institucións, impedíndolle que se difundise o libro.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Xunta de Castela e León. "Antonio de Remesal" (en castelán). artehistoria.jcyl.es. Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2008. Consultado o 3 de maio de 2009. 
  2. "Historia General de las Indias Occidentales (Tomos 1 y 2)" (en castelán). Consultado o 13 de xaneiro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]