Estado de Oaxaca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Oaxaca")
Estado Libre y Soberano de Oaxaca
Escudo de Oaxaca
Escudo
Mexico map, MX-OAX.svg
Lema: El respeto al derecho ajeno es la paz.
Himno: [[Dios nunca muere (de facto)]]
Estado Flag of Mexico.svg México
Capital Oaxaca de Juárez
 • Poboación 255 029
Cidade máis poboada Oaxaca de Juárez
Forma de goberno Estado federado
Gabino Cué Monteagudo Movemento Cidadán (2010)
Fundación 21 de decembro de 1823
Superficie Posto 5º
 • Total 93.793 km²
Costas 600 km
Poboación Posto 10º
 • Total 3.801.962 (2010) hab.
 • Densidade 41 hab./km²
Xentilicio oaxaqueño, -ña
Fuso horario UTC−6
 • Horario de verán UTC−5
Código ISO MX-OAX[1]

Oaxaca[2] (pronunciación culta:[3] oajáka [oa'xaka], pronunciación vulgar: guajáka [wa'haka] (Es-Oaxaca.ogg escoitar )) é un dos 31 Estados do México. Limita cos Estados mexicanos de Puebla polo noroeste, Veracruz polo norte, Chiapas polo leste e Guerrero polo oeste. A súa área é de 93.793 km²,[4] e a súa poboación era de 3.801.962 habitantes no 2010.[5] A capital do Estado é a cidade de Oaxaca de Juárez, sendo a súa principal cidade con máis de 250.000 habitantes.[6]

Atópase no sur do país, no extremo suroeste do istmo de Tehuantepec, co Océano Pacífico ao sur. Por extensión, é o quinto estado máis grande do país e ocupa o 4,8% da superficie total. Alberga unha rica composición multicultural onde conviven máis de 16 grupos étnicos. O concepto de pobo indíxena refírese á descendencia de poboacións que existían no momento previo á conquista e colonización, que posúen conciencia da súa identidade e que conservaron parte das súas institucións. Estas poboacións habitan un territorio sobre o que se recoñecen dereitos de propiedade e posesión, ademais da facultade para participar no uso e conservación dos seus recursos.

Actualmente, a Constitución Política de Oaxaca recoñece a existencia de quince pobos indíxenas coas súas culturas propias. Ao igual que os outros estados da federación, Oaxaca posúe unha constitución, un código civil, un código penal e un escudo propio.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Statoids. "Mexico States". Consultado o 22 de maio de 2012. 
  2. Editorial Galaxia, ed. (2007). Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). p. 1493. ISBN 9788482893600. 
  3. Diccionario panhispánico de dudas (ed.). "Oaxaca". Consultado o 22 de maio de 2012. 
  4. INEGI (ed.). "Superficie". Consultado o 22 de maio de 2012. 
  5. INEGI (ed.). "México en Cifras". Consultado o 22 de maio de 2012. 
  6. Datos INEGI 2005. Consultado o 22 de maio de 2012.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.