Antonio Ramos Varela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Antonio Ramos Varela, nado en Ferrol o 27 de outubro de 1903 e finado en Santiago de Compostela o 19 de xaneiro de 1945, foi un escritor, sindicalista e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Marcelino Ramos López, coronel de Infantería de Mariña de Ferrol. A familia trasladouse a Santiago de Compostela cando Antonio era moi novo. Acadou o título de bacharel en 1922 e matriculouse na Facultade de Ciencias da USC. Volveu a Ferrol e regresou a Compostela cara 1930, comezando a súa amizade con Cesáreo Briones Varela. Durante a Segunda República frecuentou os faladoiros do Café Español con Luís Manteiga, Luís Seoane e Carlos Maside. De ideoloxía anarquista e militante da FAI compostelá, escribiu a obra teatral Un suceso en los arrabales, publicada en 1933 por Ediciones Resol. Formou parte das Misións Pedagóxicas que recorreron Galicia entre agosto e decembro de 1933. Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 estivo agochado, pero foi detido o 14 de decembro. Xulgado en Compostela por rebelión militar o 30 de decembro de 1936, foi condenado a pena de morte, pero a sentenza foi conmutada por cadea perpetua grazas á intervención de Santiago Montero Díaz. Permaneceu no presidio de Santiago até que o 15 de decembro de 1938 foi trasladado á Coruña. O 16 de febreiro de 1943 foille conmutada a pena por seis anos de prisión menor e o 6 de marzo quedou en liberdade provisional. Ao saír da cadea morreu de tuberculose en 1945.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Un suceso en los arrabales (estampa dramática en un acto), 1933.
  • "Notas en torno a Sören Kierkegaard: el concepto de la angustia y la categoría psicológica de la ambigüedad" in Boletín de la Universidad de Santiago de Compostela, Ano 5, nº 17 (1933), 155-166.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]