Antonio Quiroga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAntonio Quiroga

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento20 de abril de 1784 Editar o valor em Wikidata
Betanzos, España Editar o valor em Wikidata
Morte26 de marzo de 1841 Editar o valor em Wikidata (56 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Senador de España
28 de outubro de 1837 – decembro de 1839
Circunscrición electoral: Provincia da Coruña
Capitán Xeral de Galicia
1822 – 28 de agosto de 1823
← Manuel Latre (en) TraducirPablo Morillo y Morillo →
Deputado no Congreso dos Deputados
1 de xullo de 1820 – 14 de febreiro de 1822
Circunscrición electoral: Reino de Galicia
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rango militarXeneral Editar o valor em Wikidata

Antonio Quiroga Hermida, nado en Betanzos o 20 de abril de 1784 e finado en Santiago de Compostela o 26 de marzo de 1841,[1] foi un militar galego, protagonista xunto con Rafael del Riego do levantamento liberal en Cabezas de San Juan o 1 de xaneiro de 1820, que sublevou contra o absolutismo do rei Fernando VII á expedición militar destinada a sufocar as insurreccións independentistas en ultramar, e que marcou o comezo do Trienio Liberal (1820-1823).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Iniciou a súa carreira militar como mariño, sendo gardamariña en Ferrol, foi despois profesor do Colexio Naval Militar. Durante a invasión napoleónica enrolouse no exército para loitar contra os franceses. Ao rematar a guerra de independencia ostentaba o grao de coronel e mandaba o Rexemento de Cataluña, tendo notable influencia entre os seus oficiais e soldados. Formou parte das loxas masónicas e participou no intento de sublevación militar que en 1817 preparaban os militares liberais José María de Torrijos e Juan Van Halen. Este último fora o seu compañeiro no Colexio Naval Militar e despois foi o seu cuñado xa que casou coa súa irmá María del Carmen Quiroga Hermida.[2]

En 1818 foi destinado coa súa unidade ao Exército Expedicionario destinado a Ultramar, que se reunía nas inmediacións de Cádiz. Secundou o pronunciamento do tenente coronel Rafael del Riego, que fixo restablecer a Constitución de 1812. Quiroga era o militar de maior graduación entre os sublevados e foi elixido xeneral sobre o terreo polo resto dos oficiais. O ascenso foi confirmado polo goberno liberal logo do éxito do pronunciamento. Moi pronto foi elevado a mariscal de campo e foille outorgada a Gran Cruz da Orde de San Fernando. Combateu contra os Cen Mil Fillos de San Luís que, mandados polo duque de Angulema, acudiron en auxilio de Fernando VII para que recuperase o poder absoluto. En 1823 as súas tropas capitularon ante o exército francés na Coruña. Despois do triunfo absolutista exiliouse en Londres onde permaneceu ata 1834. Despois da morte de Fernando VII e da fin da Década Ominosa regresou a España como tenente xeneral e ocupou o cargo de capitán xeneral de Castela A Nova. Representou tamén a Galicia nas Cortes das que foi vicepresidente. Finou en 1841.[3]

Pazo dos Quiroga en Mabegondo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pericot García, Luis: Historia de España: La Casa de Borbón (siglos XVIII a XX), pág. 230
  2. Antonio Alcalá Galiano, Memorias de Don Antonio Alcalá Galiano y Juan Van Halen,Memorias de Don Juan Van Halen"
  3. Walter Rela, "Uruguay cronología histórica anotada", Volumen 2, pág. 368