Antonio Manchón
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1836 ![]() Xàtiva, España ![]() |
Morte | 1910 ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | gravador ![]() |
Profesores | Tomás Carlos Capuz (pt) ![]() ![]() |
![]() |
Antonio Manchón Quílez, nado en Xàtiva en 1836[1] e finado en 1910[2], foi un debuxante e xilógrafo valenciano. Era tío e padriño do tamén debuxante Ramón Manchón Herrera.[3]
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/ba/La_Ilustraci%C3%B3n_Gallega_y_Asturiana_1879_02_10_Portada_del_norte_de_la_Catedral_de_Orense.jpg/220px-La_Ilustraci%C3%B3n_Gallega_y_Asturiana_1879_02_10_Portada_del_norte_de_la_Catedral_de_Orense.jpg)
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Realizou estudos de debuxo, pintura e gravado na Real Academia de Belas Artes de San Fernando de Valencia. Na cidade do Turia, traballou no obradoiro de Carlos Capuz, onde deprendeu a entallar en buxo.
Despois abandonou Valencia e estivo en Barcelona, en París (onde foi pupilo de François Auguste Trichon) e en Londres, lugares onde ampliou os seus estudos artísticos. Acabada a súa viaxe por Europa, instalouse en Madrid e exerceu como xilógrafo para moitas revistas da época, coma La Ilustración Republicana Federal, La Ilustración Gallega y Asturiana, La Ilustración Española y Americana, El Arte de España ou El Museo Universal, ademais de traballar na ilustración de diversas novelas, destacando especialmente a edición de 1868 de 'Don Quixote da Mancha do editor Urbano Manini, entre outros traballos e colaboracións.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Pedro Casado Cimiano (2006). “Diccionario biográfico de ilustradores españoles del siglo XIX”. Ollero y Ramos Editores. Madrid. (en castelán)
- ↑ Antoni Martínez i Revert (2008). “Aportaciones de la obra de Blai Bellver a la Historia del diseño gráfico y del producto”. Tesis Doctoral. Universidad Politécnica de Valencia. p. 231. (en castelán)
- ↑ Galería canaria de retratos: Ramón Manchón por Carlos Gaviño de Franchy (en castelán).
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Antonio Manchón |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Ossorio y Bernard, Manuel (1868). "Manchón (D. Antonio)". Galería biográfica de artistas españoles del siglo XIX 2. Madrid: Imprenta de Ramón Moreno. p. 20.