Antonio Fournerakis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antonio Fournerakis
Nacemento1897
Lugar de nacementoGrecia
Falecemento10 de xullo de 1937
Lugar de falecementoA Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Antonio Fournerakis (ou Antonio Furnarakis), nado en Grecia en 1897 e finado na Coruña o 10 de xullo de 1937, foi un sindicalista anarquista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi directivo da Asociación Continental Americana de Trabajadores fundada en Buenos Aires en 1929. Foi expulsado da Arxentina e recalou na Coruña en 1933. Reorganizou a FAI coruñesa e formou parte do Grupo Editor de Brazo y Cerebro. Abandonou a FAI por discrepancias internas no ano 1936.[1] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo agochado e cando tentaba reorganizar os grupos anarquistas foi descuberto e asasinado polos franquistas no verán de 1937.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Eliseo Fernández, "La FAI en Galicia". Germinal nº3 (2007) pp. 97-123" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2016. Consultado o 14 de marzo de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]