Saltar ao contido

Antonio Fernández Pita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAntonio Fernández Pita

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1888 Editar o valor en Wikidata
Fontán, España Editar o valor en Wikidata
Morte27 de novembro de 1936 Editar o valor en Wikidata (47/48 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Sada
1932 – 1936 (destitución)
← Justo Rodríguez PérezEmilio Molina Carreño → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , mariñeiro Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 3460

Antonio Fernández Pita, nado en Fontán (Sada) en 1888 e fusilado na Coruña o 27 de novembro de 1936, foi un político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Emigrou cando novo aos Estados Unidos de América, onde participou activamente en diferentes empresas culturais e políticas da colectividade sadense. Así, no 1913 participou na fundación da Sociedad Sada y sus Contornos en Nueva York, que máis tarde financiou a construción das escolas do mesmo nome na vila de Sada.

Retornou antes da proclamación da II República Española e traballou como mariñeiro. No 1931 entrou a formar parte da corporación municipal coma concelleiro pola ORGA e 1º Tenente de Alcalde.

Trala dimisión de Justo Rodríguez Pérez no 1932, foi proclamado alcalde de Sada, cargo que ocupou ata o 1936. Durante este período haberíase enfrontar á oposición reaccionaria, pero tamén ao movemento anarquista. O 18 de xullo ordenou a requisa de armas, que dirixiron Juan Antonio Suárez Picallo e José Monzo Ríos.

Coa toma de Sada polos falanxistas, o día 23, foi apreixado e conducido a Betanzos, de onde foi liberado días despois. Detido novamente e trasladado á Coruña, foi sometido a un Consello de Guerra Sumarísimo e condenado a morte por rebelión militar, pena que se executou o 27 de novembro de 1936.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]