Antonio Fernández Pita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Antonio Fernández Pita
Datos persoais
Nacemento1888
 Sada
Falecemento27 de novembro de 1936
 A Coruña
OrganizaciónORGA
ProfesiónMariñeiro
editar datos en Wikidata ]

Antonio Fernández Pita, nado en Sada en 1888 e fusilado na Coruña o 27 de novembro de 1936, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Emigrou cando novo aos Estados Unidos de América, onde participou activamente en diferentes empresas culturais e políticas da colectividade sadense. Así, no 1913 participou na fundación da Sociedad Sada y sus Contornos en Nueva York, que máis tarde financiou a construción das escolas do mesmo nome na vila de Sada.

Retornou antes da proclamación da II República Española, exercendo coma mariñeiro. No 1931 entrou a formar parte da corporación municipal coma concelleiro pola ORGA e 1º Tenente de Alcalde.

Trala dimisión de Justo Rodríguez Pérez no 1932, foi proclamado alcalde de Sada, cargo que ocupou ata o 1936. Durante este período haberíase enfrontar á oposición reaccionaria, pero tamén ao movemento anarquista. O 18 de xullo ordenou a requisa de armas, que dirixiron Juan Antonio Suárez Picallo e José Monzo Ríos.

Coa toma de Sada polos falanxistas, o día 23, foi apreixado e conducido a Betanzos, de onde foi liberado días despois. Detido novamente e trasladado á Coruña, foi sometido a un Consello de Guerra Sumarísimo e condenado a morte por rebelión militar, pena que se executou o 27 de novembro de 1936.


Predecesor:
Justo Rodríguez Pérez
 Escudo de Sada (A Coruña).svg
Alcalde de Sada
 
1932-1936
Sucesor:
?

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Carlos Fernández Santander: Alzamiento y Guerra Civil en Galicia, Ediciós do Castro, 2000.
  • Luís Lamela: Antonio Fernández Pita: un alcalde fusilado por el franquismo, Ateneo Republicano de Galicia, 2008.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]