Antonio Erias
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Nome orixinal | (es) Antonio Erias Rey |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 26 de abril de 1952 (72 anos) Vigo, España |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
30 de novembro de 2011 – 23 de outubro de 2014 – Margarita Varela Lema → Lexislatura: X lexislatura de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña Electo en: Eleccións Xerais 2011 en España | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
27 de marzo de 2008 – 27 de setembro de 2011 Lexislatura: IX lexislatura de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña Electo en: Eleccións Xerais 2008 en España | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
24 de marzo de 2004 – 15 de xaneiro de 2008 Lexislatura: VIII lexislatura de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña Electo en: Eleccións Xerais 2004 en España | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Popular |
Antonio Erias Rey, nado en Vigo[1] o 26 de abril de 1952, é un político e economista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado e doutor en Economía pola Universidade de Santiago, é catedrático de Economía aplicada na Universidade da Coruña. Foi decano da facultade de Económicas da Coruña entre 1992 e 1999. É coordinador científico da Fundación Pedro Barrié de la Maza.
Militante do Partido Popular de Galicia, en 1999 abandona o decanato e é escollido polo seu partido para encabezar as listas coruñesas ás municipais de 1999, e aínda que sofre unha severa derrota permanece como voceiro municipal na Coruña. Como tal, foi vicepresidente da deputación da Coruña con José Luis Torres Colomer, entre 1999 e 2003. En 2003 abandona a política municipal e en marzo de 2004 encabeza a lista electoral do PP pola Coruña, e sae elixido como deputado. No Congreso dos Deputados ocupou o cargo de voceiro adxunto da Comisión Economía do Partido Popular, e tamén integrou a comisión de medio ambiente.
Repetiu como cabeza de lista nas eleccións de 2008 e nas de 2011, e nos dous casos resultou elixido.
Obras
[editar | editar a fonte]- Política monetaria y política fiscal, escrito con José Manuel Sánchez Santos. Pirámide, 1998.
- La eficiencia hospitalaria en Galicia: Un análisis no-paramétrico, Banco Pastor, 1998.
- Evaluación ambiental y desarrollo sostenible, escrito con José Manuel Álvarez-Campana Gallo. Anaya, 2007
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia da Coruña
- Nados en Vigo
- Nados en 1952
- Deputados do Congreso dos Deputados polo PP
- Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela
- Profesores da Universidade da Coruña
- Corporación Municipal da Coruña 1999-2003
- Deputados no Congreso dos Deputados (X Lexislatura)
- Catedráticos da Universidade da Coruña