Antonio Caballero Ramírez
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 6 de xaneiro de 1994 (30 anos) Martos, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
País de nacionalidade | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Antonio Jesús Caballero Ramírez, nado en Martos o 6 de xaneiro de 1994, é un futbolista español que xoga como centrocampista no Cornellà, da Primeira División RFEF.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nacido en Martos, na provincia de Xaén, formouse na canteira do Martos CD, debutando co primeiro equipo na Tercera División na tempada 2013/14. Comezou a tempada 2014/15 nas filas da Real Balompédica Linense, da Segunda División B,[1] pero pouco despois fichou polo Lucena, da mesma categoría.[2]
A continuación pasou de novo polo Martos,[3] e vestiu as camisetas da UD Ciudad de Torredonjimeno, do Atlético Mancha Real e do Elche B.[4][5] O 15 de abril de 2017 debutou co primeiro equipo do Elche na Segunda División, substituíndo a Armando na segunda metade dun partido ante o Numancia.[6]
Na tempada 2017/18 fichou polo Rápido de Bouzas, que con Borja Jiménez no banco completou ese ano a mellor campaña da súa historia, quedando a un só posto da promoción de ascenso á Segunda División. Foi o xogador de campo con máis partidos do equipo (37). Trala súa saída de Vigo, pasou polo Castellón, o Badajoz e o Mirandés, este último de Segunda División.[7] En 2021 recalou na nova Primeira División RFEF, categoría na que vestiu durante os seguintes anos as cores do UCAM Murcia, o San Fernando, o Córdoba e o Cornellà.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ González, Alessio (3 de xullo de 2014). "Una perla para la Balona" (en castelán). Consultado o 4 de abril de 2024.
- ↑ "El Lucena CF amplía su plantilla con el medio Caballero y vence por 0-3 al Almodóvar del Río" (en castelán). 28 de agosto de 2014. Consultado o 4 de abril de 2024.
- ↑ "Caballero regresa al Martos CD como refuerzo de invierno" (en castelán). 23 de decembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2024. Consultado o 4 de abril de 2024.
- ↑ "Caballero, Miguel, Rubio y Ángel fichan por el Atlético Mancha Real" (en castelán). 25 de xuño de 2015. Consultado o 4 de abril de 2024.
- ↑ "El Elche Ilicitano incorpora a Antonio Caballero" (en castelán). 20 de xaneiro de 2016. Consultado o 4 de abril de 2024.
- ↑ "Sábado de resurrección numantina en el Martínez Valero". Marca (en castelán). 15 de abril de 2017. Consultado o 4 de abril de 2024.
- ↑ "Antonio Caballero, fichaje para la medular rojilla" (en castelán). 21 de agosto de 2020. Consultado o 4 de abril de 2024.
- Nados en 1994
- Nados na provincia de Xaén
- Futbolistas de Andalucía
- Centrocampistas de fútbol
- Xogadores do Lucena CF
- Xogadores do Elche CF Ilicitano
- Xogadores do Elche CF
- Xogadores do Rápido de Bouzas
- Xogadores do CD Castellón
- Xogadores do CD Badajoz
- Xogadores do CD Mirandés
- Xogadores do UCAM Murcia
- Xogadores do San Fernando CD
- Xogadores do Córdoba CF
- Xogadores da UE Cornellà