Antonina Alexandrova Kymytval
Antonina Alexandrova Kymytval | |
---|---|
Nacemento | 22 de abril de 1938 |
Lugar de nacemento | Chukotka |
Falecemento | 29 de outubro de 2015 |
Lugar de falecemento | Abinsk |
Nacionalidade | Rusia |
Etnia | Chukchis |
Ocupación | poeta, escritora e editora colaboradora |
Premios | Orde da Insignia de Honra e Medal "For Labour Valour" |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Antonina Alexandrovna Kymytval, nada en Muhomornoe o 22 de abril de 1938 e finada o 29 de outubro de 2015 en Abinsk, foi unha poeta chukchi.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu nunha aldea do distrito de Anadyr no seo dunha familia de pastores tradicionais. Perdeu a seus pais moi nova e educouse nun internado, con dez anos comezou a a escribir poesía. En 1958-59 estou na escola pedagóxica de Anadyr. Despois de licenciarse, traballou en Ust-Belsky. Publicou os seus primeiros poemas na revista Дальний Восток, no almanaque На Севере Дальнем, e en xornais da rexión. En xuño de 1957 foi a Moscova para participar no VI Festival Mundial da Xuventude e os Estudantes. Dende 1960 foi viceeditora do xornal Советская Чукотка e nese ano publicou en Magadan , o primeiro libro de poemas Линлин’ин грэпque se traduciu dous anos despois ao ruso. A segunda colección de poemas, Гыныкы publicouse en 1967[1], traducida ao ruso en 1969 por Vladimir Sergeev. En 1966-1967 estudou no Instituto de Literatura Maxim Gorki en Moscova.
En 1968 publicou o seu primeiro libro de poemas para nenos, ao que seguiron varios máis. Tamén escribiu pezas para o teatro de monicreques de Magadan. Unha das súas obras máis célebres é o poemario Палёмтэлма типъэйн’эн (1972) ao que seguiu Гымнин ы’лгытын’ын (1982). Nos seus últimos anos colaborou na tradución do Novo Testamento[2] ao chuckchi e continuou a publicar poemas sobre todo en publicacións periódicas.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Шпрыгов, Ю. М. Чукотская литература // Краткая литературная энциклопедия / гл. ред. А. А. Сурков. — М.: Сов. энцикл., 1962—1978. — Т. 8: Флобер — Яшпал. — 1975. — Стб. 559—560.
- ↑ "Кымытваль Антонина Александровна" kolyma.ru