Anticastrismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Anticastrismo é unha corrente política que nace do anticomunismo. Baséase na oposición ao sistema político introducido en 1959 por Fidel Castro en Cuba tras a Revolución Cubana.

O castrismo adoita chamar despectivamente aos anticastristas "gusanos de Miami", pois alí atópase a maior parte da emigración cubana autodenominada anticastrista.[1]

Representantes destacados[editar | editar a fonte]

Históricos[editar | editar a fonte]

  • Jorge Mas Canosa (1939-1997): suposto axente da CIA, político e empresario. Fundou e presidiu até o seu falecemento a Fundación Nacional Cubano Americana. Durante a súa vida foi acusado de, entre outros crimes, ser un axente encuberto da CIA, tráfico de drogas e armas e axudar á fuga do espía cubano da CIA e terrorista Luis Posada Carriles dun cárcere de máxima seguridade en Venezuela. Este último cumpría condena por ser autor intelectual do atentado do Voo 455 de Cubana de Aviación, que explotou en plena viaxe e causou 73 vítimas mortais. Tamén estaba na cadea acusado de financiar e perpetrar os atentados da Habana de 1997.[2][3][4]
  • Rolando Masferrer (1918-1975): Fervente opositor á ditadura de Fulgencio Batista, acabou por volverse un firme defensor da mesma. Viviu de extorsionar a persoas a cambio de "protección" e comandou escuadróns da morte responsábeis de miles de asasinatos durante a ditadura de Batista. Fuxiu aos Estados Unidos en 1959 mentres era xulgado polos seus crimes. Desde a súa mansión en Miami planeou coa CIA ataques terroristas contra Cuba e intentos de asasinar a Fidel Castro.
  • Eloy Gutiérrez Menoyo (1934-2012): Excomandante da Revolución Cubana, de maneira autónoma estivo ao mando das operacións na serra do Escambray. En contra do xiro socialista que tomou a revolución, enfrontouse directamente co Che Guevara e Raúl Castro. Dirixiu as operacións militares da organización anticastrista Alpha 66 con sede en Miami, coa cal regresou a Cuba. Foi apresado e condenado a 30 anos de prisión. Liberado en 1986, sete anos máis tarde fundou Cambio Cubano, movemento político a prol do diálogo entre o goberno da illa e a oposición interior e exterior. Viviu en Cuba dende 2003 até o seu falecemento en 2012.
  • Carlos Alberto Montaner (1943-): Escritor e terrorista. Planificou atentados xunto a Armando Valladares.
  • Omega 7: organización terrorista contrarrevolucionaria.
  • Comandos F-4: organización terrorista contrarrevolucionaria.

Actuais[editar | editar a fonte]

  • Oswaldo Payá (1952-2012)
  • Guillermo Fariñas (1962-)
  • Vladimiro Roca (1942-)
  • José Daniel Ferrer (1970-)
  • Yoani Sánchez (1975-)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. de la Rosa, Gerson (24 de febreiro de 2010). "El anticastrismo de Miami". El Nuevo Diario (en castelán) (Santo Domingo, República Dominicana). Arquivado dende o orixinal o 9 de maio de 2015. Consultado o 27 de xullo de 2022. 
  2. "Página/12". www.pagina12.com.ar. Consultado o 2022-07-27. 
  3. Vittar, Daniel (2018-05-23). "Posada Carriles, el espía cubano de la CIA que intentó matar a Fidel". Clarín (en castelán). Consultado o 2022-07-27. 
  4. "INTERNACIONAL. Murió el infame Luis Posada Carriles". La Izquierda Diario - Red internacional (en castelán). Consultado o 2022-07-27.