Félix Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Félix Rodríguez
Félix Ismael Rodríguez Mendigutia.jpg
Nome completo Félix Ismael Rodríguez Mendigutia
Nacemento 31 de maio de 1941
  A Habana
Nacionalidade Estados Unidos de América e Cuba
Ocupación espía
Premios Estrela de Prata e Gallantry Cross
editar datos en Wikidata ]

Félix Ismael Rodríguez Mendigutia, nado en 1941 na Habana, é un cubano anti-castrista naturalizado estadounidense e ex-funcionario da CIA coñecido pola súa participación no desembarco de Baía de Cochinos, onde colaborou con Howard Hunt, tamén é coñecido polo seu papel na captura e execución sumaria do comandante guerrilleiro Che Guevara en Bolivia.

Participou na guerra do Vietnam, onde levou as unidades que participaron no polémico Programa de Phoenix.