Lesta (planta)
Anthoxanthum odoratum | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
|
A lesta[1] (Anthoxanthum odoratum) é unha especie de planta da familia das gramíneas. Cultívase como alimento para o gando e ten algunhas propiedades medicinais.
Descrición
[editar | editar a fonte]É unha planta perenne, pequena, áspera, olorosa (por ter cumarinas), que forma céspedes. Os seus talos son erectos de 10 a 60 (- 80) cm de alto. Ten a lámina enrolada cando é nova, cunha largura de 3 a 5 mm. A lígula é bastante longa, aguda, e a miúdo con manchas púrpuras. As aurículas están transformadas en pelos localizados no extremo da vaíña. É panicular, de 3 a 7 (- 10) cm de alto, máis ou menos compacta e entón espiciforme. Espiquiñas cunha única flor fértil e dúas estériles rudimentarias. As glumas son híspidas ou glabras e a lema aquillada.[2]
Distribución
[editar | editar a fonte]Endémica de Europa, Asia temperada e Norte de África. Fíxose subcosmopolita nas rexiós temperadas.
Recoñécense polo menos dúas subespecies: A. odoratum odoratum e A. odoratum alpinum (Á. Löve & D. Löve)Tzvelev[3]
- A. o. odoratum, con pedicelos e glumas pubescentes
- A. o. alpinum, con pedicelos e glumas glabros[3][4]
Propiedades medicinais
[editar | editar a fonte]Toda a planta contén cumarina unha vez secada, o que lle dá o recendo a vainilla, polo tanto, utilízase para condimentar os tés. A cumarina pode orixinar dicumarol, que é un antagonista da vitamina K, que pode causar hemorraxias graves.
Toda a planta é sedante e antiinflamatoria. Tamén se utiliza para resolver os problemas relacionados coa insuficiencia venosa e os edemas na circulación capilar.
Principios activos: Cumarina[5]
Indicacións: Emoliente, nutritivo.[5]
Estudos evolutivos sobre especiación
[editar | editar a fonte]Esta especie foi importante en estudos sobre especiación, xa que é un bo exemplo de especiación incipiente. Estudáronse en 1965 e de novo en 2005 dúas poboacións desta especie adxacentes que crecían ao lado dunha mina en Trelogan, Flintshire, País de Gales, que contaminara con metais os solos circundantes, e observouse que se producira unha diferenciación xenética entre a poboación que vivía preto da mina nos solos contaminados con zinc e chumbo, que adquirira resistencia aos metais e cambiara o seu tempo de floración, e a poboación adxacente que vivía un pouco máis lonxe en solos sen contaminar, que era sensible aos contaminantes. Se se cultivaban ambas nun xardín non contaminado, as diferenzas xenéticas mantíñanse. Comprobouse que entre as dúas plantas producírase un illamento reprodutivo e as dúas poboacións non se cruzaban normalmente aínda que vivían en terreos adxacentes (na mina ou plantadas en experimentos noutros sitios) debido a diferenzas nos seus tempos de floración, o que é un inicio de especiación. Os resultados eran consistentes co esperado teoricamente na especiación ao longo de gradientes ambientais.[6]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Anthoxanthum odoratum foi descrita por Carlos Linneo e publicada en Species Plantarum 1: 28. 1753.[7]
Anthoxanthum: nome xenérico que provén do grego "anthos": "flor" e "xantho": "amarello", en alusión ás súas flores amarelas despois da floración.
odoratum: epíteto latino que significa "olor", refírese ao cheiro a cumarina que ten despois de secada.
- Anthoxanthum alpinum Schur
- Anthoxanthum asperum W.Mann ex Opiz
- Anthoxanthum maderense H.Teppner
- Anthoxanthum nebrodense Lojac
- Anthoxanthum ovatum var. montanum Asch. & Graebn.
- Anthoxanthum ovatum var. strictum Asch. & Graebn.
- Anthoxanthum ovatum var. tenerum Asch. & Graebn.
- Anthoxanthum pauciflorum Adamovic
- Anthoxanthum pilosum Döll
- Anthoxanthum sommierianum Ricci
- Anthoxanthum villosum Dumort.
- Phalaris ciliata Pourr.
- Xanthonanthos odoratus (L.) St.-Lag.[8][9]
- subsp. alpinum (Á. Löve & D. Löve) Tzvelev
- Anthoxanthum alpinum Á. Löve & D. Löve
- subsp. nipponicum (Honda) Tzvelev
- Anthoxanthum nipponicum Honda
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para lesta.
- ↑ "Plant Production and Protection Division: Plant Production and Protection Home".[Ligazón morta]
- ↑ 3,0 3,1 http://flora.huh.harvard.edu/china/PDF/PDF22/Anthoxanthum.pdf
- ↑ Chinese plant names
- ↑ 5,0 5,1 "Anthoxanthum odoratum". Plantas útiles: Linneo. Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2009. Consultado o 26 de outubro de 2009.
- ↑ Antonovics, J (2006-7). "Evolution in closely adjacent plant populations X: long-term persistence of prereproductive isolation at a mine boundary". Heredity (en inglés) 97 (1): 33–37. ISSN 0018-067X. doi:10.1038/sj.hdy.6800835.
- ↑ "Lesta (planta)". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 3 de outubro de 2012.
- ↑ Sinónimos en Tela Botánica
- ↑ Lesta en PlantList
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- CONABIO. 2009. Catálogo taxonómico de especies de México. 1. In Capital Nat. México. CONABIO, Cidade de México.
- Davidse, G., M. Sousa Sánchez & A.O. Chater. 1994. Alismataceae a Cyperaceae. 6: i–xvi, 1–543. In G. Davidse, M. Sousa Sánchez & A.O. Chater (eds.) Fl. Mesoamer.. Universidad Nacional Autónoma de México, México, D. F.
- Edgar, E., M. A. O'Brien & H. E. Connor. 1991. Checklist of pooid grasses naturalised in New Zealand. 1. Tribes Nardeae, Stipeae, Hainardieae, Meliceae, and Aveneae. New Zealand J. Bot. 29: 101–116.
- Espejo Serna, A., A. R. López-Ferrari & J. Valdés-Reyna. 2000. Poaceae. Monocot. Mexic. Sinopsis Floríst. 10: 7–236 [and index].
- Fabris, H. A. 1970. Phyllostachys. In: A. L. Cabrera (ed.), Gramíneas. 4(2): 35. In A. L. Cabrera (ed.) Fl. Prov. Buenos Aires. Instituto Nacional de Tecnología Agropecuaria, Buenos Aires.
- Fernald, M. 1950. Manual (ed. 8) i–lxiv, 1–1632. American Book Co., Nova York.
- Forzza, R. C. 2010. Lista de espécies Flora do Brasil https://web.archive.org/web/20100526002559/http://floradobrasil.jbrj.gov.br/2010/. Jardim Botânico do Rio de Janeiro, Río de Xaneiro.
- Gibbs Russell, G. E., W. G. M. Welman, E. Retief, K. L. Immelman, G. Germishuizen, B. J. Pienaar, M. Van Wyk & A. Nicholas. 1987. List of species of southern African plants. Mem. Bot. Surv. S. Africa 2(1–2): 1–152(pt. 1), 1–270(pt. 2).
- Gleason, H. A. & A.J. Cronquist. 1968. The Pteridophytoa, Gymnospermae and Monocotyledoneae. 1: 1–482. In H. A. Gleason Ill. Fl. N. U.S. (ed. 3). New York Botanical Garden, Nova York.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Lesta |
- Plant for a future
- Nomes vernáculos noutros idiomas
- Imaxe e descrición en inglés Arquivado 04 de novembro de 2011 en Wayback Machine.
- Pink, Alfred Jardines para el Millón.
- Flore forestière française Plaine et Colline; JC Rameau, D.Mansion G.Dumé, IDF, 1989
- Guide éthnobotanique de Phytothérapie, Gérard Ducerf Arquivado 01 de marzo de 2011 en Wayback Machine., Éditions Promonature, 2006
- Encyclopédie des plantes comestibles d'Europe, vol I, François Couplan, Éd. Équilibres, 1989