Lesta (planta)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Anthoxanthum odoratum
Anthoxanthum odoratum.jpg
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Fanerógama Magnoliophyta
Clase: Liliopsida
Orde: Poales
Familia: Poaceae
Subfamilia: Pooideae
Tribo: Poeae
Subtribo: Phalaridinae
Xénero: Anthoxanthum
Especie: Anthoxanthum odoratum

A lesta[1] (Anthoxanthum odoratum) é unha especie de planta da familia das gramíneas. Cultívase como alimento para o gando e ten algunhas propiedades medicinais.

Descrición[editar | editar a fonte]

Pelos da vaíña.

É unha planta perenne, pequena, áspera, olorosa (por ter cumarinas), que forma céspedes. Os seus talos son erectos de 10 a 60 (- 80) cm de alto. Ten a lámina enrolada cando é nova, cunha largura de 3 a 5 mm. A lígula é bastante longa, aguda, e a miúdo con manchas púrpuras. As aurículas están transformadas en pelos localizados no extremo da vaíña. É panicular, de 3 a 7 (- 10) cm de alto, máis ou menos compacta e entón espiciforme. Espiquiñas cunha única flor fértil e dúas estériles rudimentarias. As glumas son híspidas ou glabras e a lema aquillada.[2]

Ilustración de Thomé "Flora von Deutschland".
Detalle da espiguiña.

Distribución[editar | editar a fonte]

Endémica de Europa, Asia temperada e Norte de África. Fíxose subcosmopolita nas rexiós temperadas.

Recoñécense polo menos dúas subespecies: A. odoratum odoratum e A. odoratum alpinum (Á. Löve & D. Löve)Tzvelev[3]

  • A. o. odoratum, con pedicelos e glumas pubescentes
  • A. o. alpinum, con pedicelos e glumas glabros[3][4]

Propiedades medicinais[editar | editar a fonte]

Toda a planta contén cumarina unha vez secada, o que lle dá o recendo a vainilla, polo tanto, utilízase para condimentar os tés. A cumarina pode orixinar dicumarol, que é un antagonista da vitamina K, que pode causar hemorraxias graves.

Toda a planta é sedante e antiinflamatoria. Tamén se utiliza para resolver os problemas relacionados coa insuficiencia venosa e os edemas na circulación capilar.

Principios activos: Cumarina[5]

Indicacións: Emoliente, nutritivo.[5]

Estudos evolutivos sobre especiación[editar | editar a fonte]

Esta especie foi importante en estudos sobre especiación, xa que é un bo exemplo de especiación incipiente. Estudáronse en 1965 e de novo en 2005 dúas poboacións desta especie adxacentes que crecían ao lado dunha mina en Trelogan, Flintshire, País de Gales, que contaminara con metais os solos circundantes, e observouse que se producira unha diferenciación xenética entre a poboación que vivía preto da mina nos solos contaminados con zinc e chumbo, que adquirira resistencia aos metais e cambiara o seu tempo de floración, e a poboación adxacente que vivía un pouco máis lonxe en solos sen contaminar, que era sensible aos contaminantes. Se se cultivaban ambas nun xardín non contaminado, as diferenzas xenéticas mantíñanse. Comprobouse que entre as dúas plantas producírase un illamento reprodutivo e as dúas poboacións non se cruzaban normalmente aínda que vivían en terreos adxacentes (na mina ou plantadas en experimentos noutros sitios) debido a diferenzas nos seus tempos de floración, o que é un inicio de especiación. Os resultados eran consistentes co esperado teoricamente na especiación ao longo de gradientes ambientais.[6]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Anthoxanthum odoratum foi descrita por Carlos Linneo e publicada en Species Plantarum 1: 28. 1753.[7]

Etimoloxía

Anthoxanthum: nome xenérico que provén do grego "anthos": "flor" e "xantho": "amarello", en alusión ás súas flores amarelas despois da floración.

odoratum: epíteto latino que significa "olor", refírese ao cheiro a cumarina que ten despois de secada.

Sinónimos
  • Anthoxanthum alpinum Schur
  • Anthoxanthum asperum W.Mann ex Opiz
  • Anthoxanthum maderense H.Teppner
  • Anthoxanthum nebrodense Lojac
  • Anthoxanthum ovatum var. montanum Asch. & Graebn.
  • Anthoxanthum ovatum var. strictum Asch. & Graebn.
  • Anthoxanthum ovatum var. tenerum Asch. & Graebn.
  • Anthoxanthum pauciflorum Adamovic
  • Anthoxanthum pilosum Döll
  • Anthoxanthum sommierianum Ricci
  • Anthoxanthum villosum Dumort.
  • Phalaris ciliata Pourr.
  • Xanthonanthos odoratus (L.) St.-Lag.[8][9]
subsp. alpinum (Á. Löve & D. Löve) Tzvelev
  • Anthoxanthum alpinum Á. Löve & D. Löve
subsp. nipponicum (Honda) Tzvelev
  • Anthoxanthum nipponicum Honda

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para lesta.
  2. "Plant Production and Protection Division: Plant Production and Protection Home". 
  3. 3,0 3,1 http://flora.huh.harvard.edu/china/PDF/PDF22/Anthoxanthum.pdf
  4. Chinese plant names
  5. 5,0 5,1 "Anthoxanthum odoratum". Plantas útiles: Linneo. Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2009. Consultado o 26 de outubro de 2009. 
  6. J Antonovics. Evolution in closely adjacent plant populations X: long-term persistence of prereproductive isolation at a mine boundary. Heredity (2006) 97, 33–37. doi:10.1038/sj.hdy.6800835; published online 26 April 2006. [1]
  7. "Lesta (planta)". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 3 de outubro de 2012. 
  8. Sinónimos en Tela Botánica[Ligazón morta]
  9. Lesta (planta) en PlantList

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  1. CONABIO. 2009. Catálogo taxonómico de especies de México. 1. In Capital Nat. México. CONABIO, Mexico City.
  2. Davidse, G., M. Sousa Sánchez & A.O. Chater. 1994. Alismataceae a Cyperaceae. 6: i–xvi, 1–543. In G. Davidse, M. Sousa Sánchez & A.O. Chater (eds.) Fl. Mesoamer.. Universidad Nacional Autónoma de México, México, D. F.
  3. Edgar, E., M. A. O'Brien & H. E. Connor. 1991. Checklist of pooid grasses naturalised in New Zealand. 1. Tribes Nardeae, Stipeae, Hainardieae, Meliceae, and Aveneae. New Zealand J. Bot. 29: 101–116.
  4. Espejo Serna, A., A. R. López-Ferrari & J. Valdés-Reyna. 2000. Poaceae. Monocot. Mexic. Sinopsis Floríst. 10: 7–236 [and index].
  5. Fabris, H. A. 1970. Phyllostachys. In: A. L. Cabrera (ed.), Gramíneas. 4(2): 35. In A. L. Cabrera (ed.) Fl. Prov. Buenos Aires. Instituto Nacional de Tecnología Agropecuaria, Buenos Aires.
  6. Fernald, M. 1950. Manual (ed. 8) i–lxiv, 1–1632. American Book Co., New York.
  7. Forzza, R. C. 2010. Lista de espécies Flora do Brasil http://floradobrasil.jbrj.gov.br/2010. Jardim Botânico do Rio de Janeiro, Rio de Janeiro.
  8. Gibbs Russell, G. E., W. G. M. Welman, E. Retief, K. L. Immelman, G. Germishuizen, B. J. Pienaar, M. Van Wyk & A. Nicholas. 1987. List of species of southern African plants. Mem. Bot. Surv. S. Africa 2(1–2): 1–152(pt. 1), 1–270(pt. 2).
  9. Gleason, H. A. & A.J. Cronquist. 1968. The Pteridophytoa, Gymnospermae and Monocotyledoneae. 1: 1–482. In H. A. Gleason Ill. Fl. N. U.S. (ed. 3). New York Botanical Garden, New York.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]