Anta, Areas, Tui

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Anta
ParroquiaAreas
ConcelloTui
Coordenadas42°02′31″N 8°40′33″O / 42.041944569553, -8.6759107917219Coordenadas: 42°02′31″N 8°40′33″O / 42.041944569553, -8.6759107917219
Poboación189 hab. (2019)
editar datos en Wikidata ]

Anta é un lugar da parroquia de Areas, no concello pontevedrés de Tui, na comarca do Baixo Miño. Segundo o padrón municipal de habitantes do Instituto Galego de Estatística no ano 2019 tiña 189 habitantes (92 homes e 97 mulleres), un descenso de 3 habitantes respecto ao ano 2000.

Toponimia[editar | editar a fonte]

O topónimo Anta é bastante antigo, aparece por primeira vez nun documento de 1095. É moi probábel que faga referencia á presenza de mámoas ou túmulos funerarios[1]. Curiosamente o lugar de Anta é mencionado antes na documentación histórica ca parroquia de Areas, á que pertence (citada por primeira vez no ano 1112)[2].

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A nivel patrimonial destaca a Pedra do Aire, localizada nos montes adxuntos ao barrio, que conta cunha cruz latina gravada na pedra de orixe medieval, e a mámoa de Seixos Albos[3].

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Areas[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Areas no concello de Tui (Pontevedra)

Anta | O Atrio | A Bouza Valada | O Carballo | Os Gaios | O Regueiro | A Toxeira


Parroquias de Tui[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Tui

Areas (Santa Mariña) | Baldráns (Santiago) | Caldelas de Tui (San Martiño) | Guillarei (San Mamede) | Malvas (Santiago) | Paramos (San Xoán) | Pazos de Reis (O Sagrario) | Pexegueiro (San Miguel) | Randufe (Santa María da Guía) | Rebordáns (San Bartolomeu) | Ribadelouro (Santa Comba) | Tui (O Sagrario)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Martínez Sigüenza, X. (2010). As parroquias de Tui –síntese histórica–. Revista de Estudios Provinciais Nº 19, Deputación de Pontevedra.
  2. "Parroquias de Tui | Concello de Tui". tui.gal. Consultado o 2020-09-24. 
  3. Pedra do Aire na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.