Saltar ao contido

Anselme Gaëtan Desmarest

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAnselme Gaëtan Desmarest

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento6 de marzo de 1784 Editar o valor en Wikidata
Maisons-Alfort
Morte4 de xuño de 1838 Editar o valor en Wikidata (54 anos)
Maisons-Alfort
Lugar de sepulturaGrave of Desmarest (en) Traducir
Cemiterio do Père-Lachaise, 50 48°51′42″N 2°23′40″L / 48.861743, 2.394375 Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónzoólogo, entomólogo, carcinólogo, ornitólogo, médico, escritor Editar o valor en Wikidata
EmpregadorÉcole nationale vétérinaire d'Alfort (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaDesmarest Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosEugène Anselme Sébastien Léon Desmarest Editar o valor en Wikidata
PaiNicolas Desmarest Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
Funeral Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteSvensk uppslagsbok
Obálky knih,
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1640907

Anselme Gaëtan Desmarest, nado o 6 de marzo de 1784 en París e finado o 4 de xuño de 1838 en Maisons-Alfort, Val do Marne, Illa de Francia, foi un zoólogo e escritor francés.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo do xeólogo Nicolas Desmarest (1725-1815), fixo os seus estudos na École centrale, e despois no Prytanée national militaire (Escola Militar).

Protexido por Lacépède (1756-1825), alumno de Georges Cuvier (1769-1832) e de Alexandre Brongniart (1770-1847), dedicou o seu tempo de lecer á Historia natural.

A partir de 1814 foi profesor de zooloxía na École nationale vétérinaire de Maisons-Alfort.

En 1820 foi elixido membro da Académie nationale de médecine.

Foi o pai do entomólogo Eugène Anselme Sébastien Léon Desmarest (1816-1889).

Algunhas publicacións

[editar | editar a fonte]

Anselme Gaëtan Desmarest fixo numerosas publicacións sobre os fósiles. Así mesmo publicou, entre outras, as seguintes obras:

  • 1805 – Histoire Naturelle des Tangaras, des Manakins et des Todiers
  • 1825 – Considérations générales sur la classe des crustacés
  • 1816-1830 – Dictionnaire des Sciences Naturelles, con André Marie Constant Duméril.

Abreviarura

[editar | editar a fonte]

A abreviatura Dedsmarets emprégase para indicar a Anselme Gaëtan Desmarest como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.