+Gente

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

+Gente
Formato Magacín de actualidade
Duración 180 min.
Desenvolvido por Inmaculada Navarro
Presentado por Anne Igartiburu
Roi Groba
Día(s) de emisión De luns a venres
Horario de emisión 18.30 - 21.00
Localización(s) Prado del Rey
Cadea La 1
Día da estrea 12 de setembro de 2011
Última emisión 17 de maio de 2013

Na rede
http://www.rtve.es/television/mas-gente/

+Gente foi un programa de La 1 de Televisión Española emitido en horario de tarde dende o 12 de setembro de 2011 ata o 17 de maio de 2013. O programa tivo dúas etapas: a primeira, dende a súa primeira emisión ata o 29 de xuño de 2012 con Pilar García Muñiz, José Ángel Leiras, María Avizanda e Alberto Herrera; e a segunda, dende o 10 de setembro de 2012 con Anne Igartiburu e Roi Groba.

O 25 de abril de 2013 anunciouse a súa cancelación debida aos discretos índices de audiencia, polo que o último programa emitiuse o 17 de maio de 2013.[1]

Formato e estrutura[editar | editar a fonte]

Na súa primeira etapa, o magacín vespertino contaba con conexións en directo, reportaxes de actualidade, sucesos, crónica social e o arquivo de RTVE. O programa estruturaba as súas noticias en tres bloques: a actualidade do día, mediante vídeos e conexións en directo; no apartado de sociedade enmarcábanse historias de superación, personaxes do día, moda ou gastronomía como reclamo turístico ou feito diferencial entre comunidades ou culturas.[2]

Seccións[editar | editar a fonte]

Dende o 10 de setembro de 2012 o programa contiña as seguintes seccións:

  • La tertulia: Varios xornalistas comentaban a actualidade do corazón.
  • El Cara a cara: Dous tertulianos con opinións opostas debatían sobre temas que se comentan na rúa.
  • Gastronomía: Cada día mostrábase unha reportaxe sobre gastronomía e como facer diferentes pratos cun cociñeiro en directo.
  • Turismo: O programa mostraba lugares de España.
  • La Entrevista: Cada día un personaxe famoso acudía ao estudio para conceder unha entrevista en directo.
  • Humor: Cada día un humorista era invitado para animar o programa e facer algún monólogo.

O programa tamén tiña actuacións musicais de artistas invitados e un DJ que animaba o estudio.

Presentación[editar | editar a fonte]

Durante a súa primeira etapa, o programa estaba presentado de luns a venres por Pilar García Muñiz e José Ángel Leiras e na edición de fin de semana, por María Avizanda e Alberto Herrera. O resto de traballadores do espazo procedían dos formatos de actualidade da cadea pública Gente e En familia. Tamén estaban entre eles os membros do equipo de España Directo que formaban parte do persoal de TVE.[3]

Desde o 10 de setembro de 2012 e ata a súa cancelación, o programa foi presentado por Anne Igartiburu e Roi Groba.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]