Ann Makosinski

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ann Makosinski
Ann Makosinski en el INET (cropped).jpg
Nacemento3 de outubro de 1997
Lugar de nacementoVitória
NacionalidadeCanadá
Alma máterSt. Michaels University School, St. Margaret's School e Universidade da Columbia Británica
Ocupaciónestudante e inventora
Na rede
https://annmakosinski.com/
Facebook: annmakosinski Twitter: annmakosinski Instagram: annmakosinski LinkedIn: annmakosinski Youtube: UCEnvstjd_Hrk9tYr5tQaPoQ Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Ann Makosinski, nada en Vitoria, Canadá, o 3 de outubro de 1997 é unha estudante, inventora e oradora canadense. Gañou a Google Science Fair en 2013 por inventar unha lanterna termoeléctrica.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Makosinski é de ascendencia filipina e polaca.[1] O seu pai é director de laboratorio retirado e conta con dúas patentes médicas.[2]A súa familia vive en Saanich, Columbia británica.[3]Estudou no St. Michaels University School.[4]Para o seu proxecto de sétimo grao, Makosinski inventou unha radio que se podía alimentar coa calor dunha candea. Tamén construíu unha lanterna piezoeléctrica cando estaba en noveno curso.[5]

Lanterna oca ou Hollow Flashlight[editar | editar a fonte]

En 2014 Makosinski gañou a Google Science Fair na categoría de 15 a 16 anos co proxecto Hollow Flashlight, unha lanterna termoeléctrica.[6][1] Inspirouse nas súas visitas á terra natal da súa nai (Filipinas), onde unha amiga súa tivera problemas na escola porque non tiña suficiente luz para estudar durante a noite.[6][7] O dispositivo baséase no efecto termoeléctrico empregando placas Peltier.[8]É oco para incrementar as correntes convectivas.[5] En 2017 comezou as negociacións para producir comercialmente e distribuír as lanternas.[9][10][11]

Foi oradora en TED x Richmond e en TED x Vancouver no ano 2013.[2] Ese ano apareceu na lista 30 Under 30 da revista Time[12] e gañou unha medalla de ouro na Canada-Wide Science Fair.[13] En 2014 presentou The Problem with Inventions en TEDx Vitoria. Tamén foi oradora de TED x Teen en 2016 - coa súa charla Why I don't use a smart phone.[14] Makosinski presentou a súa cunca eDrink, que usa a calor da bebida para cargar un teléfono, no programa Tonight Show de Jimmy Fallon.[15][16] Como premio outorgáronlle $5,000 para apoiar a súa formación.[17]

É a fundadora de Makotronics Enterprises.[18] Postulouse para obter múltiples patentes.[19] En agosto de 2017 embarcouse nunha expedición de dúas semanas ao Paso do Noroeste para celebrar o 150 aniversario do Canadá.[20]

Premios e Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Gañou catro premios na Intel International Science and Engineering Fair.[21]

Foi votada como a nova inventora do ano en 2016 por Popular Science.

En 2016 Ann gañou 50 000 dólares para investimento grazas a Quest Climate Grant, financiado por Canadian Geographic e Shell_Energy_North_America, polos seus inventos alimentados coa calor humana.[22]

Na área publicitaria foi elixida embaixadora de marca de Uniqlo en 2016 e fixo campañas con Five Star e Lenovo.[9][23][24]

En 2017 Makosinski foi incluída na lista Forbes 30 under 30.[25] Tamén foi nomeada pola revista Glamour como unha das mulleres universitarias do ano en 2018.[26]

En outubro de 2017 foi parte do Converse Public Access show con Miley Cyrus.[27]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Ramos-Reid, Rachel. "Ann Makosinski: The Girl Next Door is a Young Scientist". Canadian Filipino Net (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de novembro de 2019. 
  2. 2,0 2,1 Ferreras, Jesse (20 de setembro de 2013). "Ann Makosinski, Google Science Fair Finalist Heads To Calif., Hits TEDx Circuit (VIDEO)". The Huffington Post B.C. (en inglés). Consultado o 24 de marzo de 2022. 
  3. "Saanich student, 16, shows off invention on Tonight Show". Victoria Times Colonist (en inglés). Consultado o 24 de marzo de 2022. 
  4. SMART, Amy (20 de febreiro de 2014). "Vancouver Island student shows Jimmy Fallon her invention on Tonight Show" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 1 de agosto de 2018. 
  5. 5,0 5,1 Baron, Alexander (3 de xullo de 2013). "Will Ann Makosinski change the world?". Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2019. Consultado o 3 de xullo de 2013. 
  6. 6,0 6,1 "Fil-Canadian teen's invention gets Google's attention" (en inglés). 
  7. "This 18-Year-Old Invented A Coffee Mug That Can Charge Your Phone" (en inglés). 
  8. Babida, Blair (2018-07-13). "Hollow Flashlight". EEWeb (en inglés). Consultado o 2022-03-24. 
  9. 9,0 9,1 "Ann Makosinski". Jeff Jacobson Agency (en inglés). Consultado o 22 de abril de 2022. 
  10. Taylor, Darren (21 de setembro de 2017). "Not your usual 19-year-old" (en inglés). Consultado o 24 de marzo de 2021. 
  11. "The Body Heat Powered Flashlight: How it Works". www.herox.com (en inglés). Consultado o 24 de marzo de 2022. 
  12. Rhodan, Maya (4 de decembro de 2013). "Ann MakosinskiThese Are the 30 People Under 30 Changing the World". Time (en inglés). Consultado o 24 de marzo de 2022. 
  13. "Young Innovators: Ann Makosinski of Makotronics Enterprises — Douglas Magazine" (en inglés). 29 de xaneiro de 2018. 
  14. "Ann Makosinski" (en inglés). 
  15. "Jimmy Fallon turns spotlight on Victoria teen’s flashlight" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2018. Consultado o 20 de febreiro de 2022. 
  16. "Saanich teen's newest invention can use hot coffee to power devices" (en inglés). 
  17. "Ann Makosinski's Tonight Show Segment Makes Victoria Proud" (en inglés). Consultado o 20 de febreiro de 2014. 
  18. "Ann Makosinski". Forbes (en inglés). Consultado o 14 de abril de 2022. 
  19. "Patents Assigned to MAKOTRONICS ENTERPRISES INC. - Justia Patents Search" (en inglés). 
  20. "Ann Makosinski - SingularityU Canada" (en inglés). Consultado o 4 de xuño de 2020. 
  21. "Ann Makosinski: Inventing your UBC experience" (en inglés). 
  22. "Ann Makosinski, B.C. Teen Inventor, Wins $50,000 In Latest Achievement" (en inglés). Consultado o 23 de decembro de 2015. 
  23. Make Better Today – Ann Makosinski Presented by TakePart + Lenovo. 
  24. Uniqlo - Ann Makosinski "Flashlight Gir". 
  25. "UBC student Ann Makosinski named to Forbes 30 Under 30 list". Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2021. Consultado o 20 de febreiro de 2022. 
  26. "10 College Women on Activism, #MeToo, and Calling B.S. on Perfection" (en inglés). 
  27. "Miley Cyrus Is All Fun in her Public Access Episode With Converse" (en inglés). 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]