Anicio Olibrio
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | século V Roma, Italia |
| Morte | 23 de outubro de 472 |
| Causa da morte | edema |
| Emperador romano de Occidente | |
| 11 de xullo de 472 (Gregoriano) – 2 de novembro de 472 (Gregoriano) ← Antemio – Glicerio → | |
| Senador romano | |
| Cónsul romano | |
| | |
| Actividade | |
| Ocupación | político |
| Período | Baixo Imperio Romano e Antigüidade tardía |
| Familia | |
| Cónxuxe | Placidia |
| Fillos | Anicia Xuliana |
| Pais | Anicio Probo |
| Irmáns | Anicius Olybrius |
| Descrito pola fonte | Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft Novo Dicionario Enciclopédico, 1911-1916 Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Anicio Olibrio foi emperador romano de Occidente entre abril e novembro de 472.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Era neto de Anicio Hermoxeniano Olibrio, cónsul de Roma no 395. Como pertencía a unha das máis importantes familias do Senado romano, o augusto Valentiniano III arranxou no 454 o seu compromiso coa menor das súas fillas, Placidia. Esta alianza matrimonial permitiulle ao emperador desfacerse de Aecio, que foi asasinado.
Cando se produciu a invasión vándala de Roma, ao ano seguinte encontrábase en Constantinopla. Alí, despois de longas negociacións, logrou a liberación da súa prometida e da nai dela, a emperatriz Eudoxia (461). Finalmente casou con Placidia e foron pais de Anicia Xuliana, no 462.
No 472, o augusto León I enviouno como mediador entre o augusto Antemio e o xeneral Ricimiro. Finalmente este e o Senado nomeárono emperador depoñendo a Antemio.
Olibrio morreu repentinamente. Foi parente de Anicio Manlio Torcuato Severino Boecio.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Anicia Juliana". The Byzantine Legacy (en inglés). Consultado o 2019-01-25.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Anicio Olibrio |