Andrés Toxeiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAndrés Toxeiro
Biografía
Nacemento1960 Editar o valor em Wikidata (63/64 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Andrés Tojeiro Fraguela, nado na Coruña en 1960, máis coñecido como Andrés Toxeiro, é un escritor e articulista sobre temas de caza e natureza. É autor de varios libros e distintos traballos de divulgación publicados en revistas nacionais. Traballou para a Xunta de Galicia como experto educativo na reforma do ensino medio, e na actualidade exerce de profesor nun instituto coruñés.

Publicacións[editar | editar a fonte]

  • A caza do xabarín en Galicia (Ir Indo, 1995).[1]
  • Memorias de Viriato (Ir Indo, 2001).
  • Pichi Pedramea (Imprenta Cedeira, 2005).
  • Deixade pois que voe o paporroibo, que vos conte contos (Editorial O Paporroibo, 2001, coautor).
  • Exemplificacións didácticas, de Ramón López Facal (1991, Consellería de Educación, coautor).

Amais, escribiu diversos artigos publicados na revista Perros de caza e noutras de caza e natureza,[2] e colaborou en varios libros de texto.

Premios[editar | editar a fonte]

  • 1º premio no Campionato de España de rastrexo.[cando?]
  • Premio “Mellor monteiro nacional”.[cando?]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Imaxe da portada
  2. Como: Trofeo nº 277, Caza e pesca galega nº 34 e Federcaza nº 279.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]