Andrés Barros Dacosta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAndrés Barros Dacosta
Biografía
Nacemento20 de febreiro de 1924 Editar o valor em Wikidata
Sabarís, España Editar o valor em Wikidata
Morte30 de outubro de 2008 Editar o valor em Wikidata (84 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado , político , empresario Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMª del Rosario Puga de la Peña

Andrés Barros Dacosta, nado en Sabarís (Santa Cristina da Ramallosa, Baiona) o 20 de febreiro de 1924[1] e finado en Vigo o 30 de outubro de 2008,[2] foi un avogado, empresario e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Andrés Barros Arbones e Joaquina Dacosta Domínguez, estudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Foi director-xerente da Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados y Mariscos (ANFACO)[3], xerente do Plan de Explotación Marisquera de Galicia,[4] e un dos promotores da creación do Centro Técnico Nacional de Conservación de Produtos da Pesca (CECOPESCA).[5]. Director da Revista Industria Conservera.

En abril de 1979 participou da vida política da cidade de Vigo na lista da UCD. Malia ser a candidatura máis votada, saíu escollido alcalde Manoel Soto Ferreiro e Barros Dacosta converteuse en portavoz e xefe da oposición pola renuncia de Víctor Moro, cabeza de lista.[6]

Foi membro do comité executivo da World Fishing Exhibition celebrada en Vigo no 1985.[7]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con María del Rosario Puga de la Peña e tiveron cinco fillos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "D. Andrés Barros Dacosta" (en castelán). Consultado o 09-10-2020. 
  2. "La pérdida de D. Andrés Barros deja una profunda huella en el sector conservero". Industria conservera (en castelán) (75): 49. 2008. Falleció el pasado 30 de octubre 
  3. "Opina Don Andres Barros, abogado y gerente de la unión de fabricantes de conservas de Galicia". La Noche. 27 de abril de 1967. p. 16. 
  4. "Orden de 10 de diciembre de 1975 por la que se nombra Gerente del Plan de Explotación Marisquera de Galicia a don Andrés Barros Dacosta, en sustitución de don Carlos García Ramos Batallán". Boletín Oficial del Estado (en castelán) (297): 25760. 11 de decembro de 1975. 
  5. "Entrevista a D. Jorge Jordana, Secretario General de FIAB". Industria conservera (en castelán) (81): 8. 2009. (..)junto con Tomás Massó, Paco Albo y Andrés Barros iniciamos las gestiones para ese centro tecnológico 
  6. Corporación Vigo 1979
  7. "World Fishing Exhibition 1985". valentinpazandrade.es. Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2020. Consultado o 21 de setembro de 2020. Durante a World Fishing Exhibition co seu fillo Alfonso, Pablo González Mariñas, Miguel Roca e Andrés Barros Dacosta, membro do comité executivo da World Fishing Exhibition de 1985