Anduriñón mongol
Anduriñón mongol | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Verán no hemisferio norte Residente Inverno no hemisferio norte |
O anduriñón[2] mongol ou andoriñón mongol[3] (Hirundapus caudacutus) é un cirrio de gran tamaño do xénero Hirundapus.
Descrición
[editar | editar a fonte]É un cirrio grande cun corpo robusto con forma de barril. Mide uns 20 cm e pesa entre 110 e 120 g. É de cor marrón cincenta excepto na gorxa, que é branca, e unha mancha branca que se estende desde a base da cola aos flancos.[4] Ten unha cola que termina nunha prolongación fina como unha espiña; a cola non está forcada como é o típico nas especies do xénero Apus.
Historia natural
[editar | editar a fonte]Constrúe os seus niños en gretas entre as rochas en cantís ou en árbores ocos. Non lle gusta estar en terra e pasa a maior parte do tempo no aire. Teñen patas moi curtas, que usan esencialmente para agarrarse a superficies xeralmente inclinadas e verticais. Aliméntase de insectos voadores como escaravellos, moscas, abellas e avelaíñas.[4]
É unha ave migratoria que se reproduce en Asia central e sur de Siberia, e pasa o inverno no sur no subcontinente indio, sueste asiático e Australia. É unha rara ave errante en Europa occidental e foi rexistrada en Noruega, Suecia e Gran Bretaña, e tamén hai rexistros dela en Galicia como ave accidental rara.[5][6]
Atribúenselle velocidades en voo horizontal de ata 170 km/h, pero non están ben verificadas porque os métodos usados para medir a súa velocidade non foron publicados.[7]
Etimoloxía e nome
[editar | editar a fonte]Foi descrito polo ornitólogo inglés John Latham en 1801 co nome binomial Hirundo caudacuta.[8] O seu xénero actual Hirundapus formouse a partir dos nomes do xénero das anduriñas, Hirundo, e do xénero dos cirrios, Apus. O nome específico caudacutus significa en latín 'cola aguda ou en punta', do latín cauda e acutus.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Hirundapus caudacutus". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2012. Consultado o 26 November 2013.
- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-25.
- ↑ Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2016. Consultado o 28 de setembro de 2016.
- ↑ 4,0 4,1 "White-throated Needletail". BirdLife International (en inglés). Consultado o 29 October 2017.
- ↑ "Birdwatchers flock to see rare bird, then watch it killed by wind turbine". FoxNews. 28 June 2013. Consultado o 2013-06-29.
- ↑ Huyton, Harry (28 June 2013). "Let's not martyr the white-throated needletail to the anti-wind cause". London: The Guardian. Consultado o 1 July 2013.
- ↑ Bourton, Jody (2 March 2010). "Supercharged swifts fly fastest". BBC News (en inglés). Consultado o 28 October 2017.
- ↑ Latham, John (1801). Supplementum indicis ornithologici sive systematis ornithologiae (en Latin). London: Leigh & Sotheby. p. lvii.
- ↑ Jobling, James A. (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London: Christopher Helm Publishers. pp. 94 and 193. ISBN 1408125013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Anduriñón mongol |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Anduriñón mongol |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre aves é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |