Andoni Alonso
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de abril de 1966 (58 anos) Vitoria, España |
Catedrático | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Navarra Universidade do País Vasco Pennsylvania State University |
Actividade | |
Campo de traballo | Filosofía da ciencia, Tecnoloxías da información e da comunicación e filosofia da tecnologia (pt) |
Ocupación | filósofo, profesor titular, profesor universitario, ensaísta |
Empregador | Universidade do País Vasco Universidade de Estremadura Universidade Complutense de Madrid |
Membro de | |
Andoni Alonso Puelles,[1] nado en Vitoria o 4 de abril de 1966, é un filósofo, investigador e profesor universitario español.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Alonso licenciouse en Filosofía na Universidade de Navarra en 1989 e realizou o doutamento na Universidade do País Vasco en 1995 coa tese: Wittgenstein y el arte. El Siglo de Wittgenstein.[3][4] Foi profesor de Historia da filosofía na Universidade de Estremadura na Universidade Complutense de Madrid e agora é catedrático na Universidade Carlos III. Cursou estudos postdoctorales na Penn State University entre 1996 e 1998 onde coñeceu e traballou con Carl Mitcham e Iván Illich. Anos despois (2006) foi profesor visitante na Universidade de Nevada.[4]
Especialista en Ludwig Wittgenstein, o seu traballo de investigación centrouse basicamente na filosofía da tecnoloxía, cunha visión crítica sobre a utilidade e o papel que xogan as TIC.[2] Entre as súas moitas obras atópanse Wittgenstein, 50 años después (2002), El arte de lo indecible. Wittgenstein y las vanguardias (2002) e La tecnociencia y su divulgación (2004), La quinta columna digital: anti-tratado comunal de hiperpolítica (2005, Premio Eusebi Colomer/Fundación Epson) ou ¡Todos Sabios![5][1] (Cátedra, 2013), xunto a Antonio Lafuente e Joaquín Rodríguez.[4]
Andoni Alonso é membro da Society for Philosophy and Technology e da Sociedade de Estudos Vascos.[1]
Recentemente participou no Foro "Pensar o mundo dende Galicia" organizado polo Consello da Cultura Galega, [6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Enciclopedia Auñamendi (ed.). "Alonso Puelles, Andoni". Consultado o 22 de diciembre de 2018.
- ↑ 2,0 2,1 Artza, Jon (31 de marzo de 2018). elsaltodiario.com, ed. "Andoni Alonso: “El futuro será ludita o no será”". Consultado o 22 de diciembre de 2018.
- ↑ Puelles, Andoni Alonso (1996). "Wittgenstein y el arte. El Siglo de Wittgenstein" (en castelán). Universidad del País Vasco - Euskal Herriko Unibertsitatea. Consultado o 2022-11-03.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Ministerio de Economía y Competitividad, ed. (2017). "Andoni Alonso Puelles" (PDF). Consultado o 22 de diciembre de 2018.
- ↑ Munguia, J. (22 de junio de 2005). Cadena SER, ed. "La 'quintacolumna digital' de Andoni Alonso, premio Eusebi Colomer". Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2023. Consultado o 22 de diciembre de 2018.
- ↑ Galega, Consello da Cultura. "Especialistas destacan a necesidade de poñer a tecnoloxía ao servizo das persoas". CONSELLO DA CULTURA GALEGA (en inglés). Consultado o 2023-04-14.