Anders Sandoe Oersted

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Anders Sandoe Oersted
Anders Sandøe Ørsted 1816-1872.jpg
Nome de nacementoAnders Sandøe Ørsted
Nacemento21 de xuño de 1816
Lugar de nacementoRudkøbing
Falecemento3 de setembro de 1872
Lugar de falecementoCopenhague
NacionalidadeDinamarca
Alma máterUniversidade de Copenhague
Ocupaciónbotánico, zoólogo, biólogo mariño, explorador
PaiJacob Albert Ørsted
OrganizaciónUniversidade de Copenhague
editar datos en Wikidata ]

Anders Sandoe Oersted, tamén coñecido como Anders Sandøe Ørsted e Anders Sandö Örsted, nado en Rudkøbing (Langeland) o 21 de xuño de 1816 e finado en Copenhague o 3 de setembro de 1872, foi un botánico, especializado en micoloxía, zoólogo, biólogo mariño e explorador danés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formado academicamente na Universidade de Copenhague, un dos seus primeiros traballos na súa carreira, foi sobre os nematodos daneses e árticos, publicado en 1843,[1] seguido o ano seguinte doutro sobre a zonación das algas mariñas de Oresund.[2]

Viaxou frecuentemente por Centroamérica entre 1845 e 1848, e foi designado profesor de Botánica da Universidade de Copenhague en 1851, posto que mantivo até 1862.

Oersted publicou numerosos escritos, enfocados en especies das familias das acantáceas e das fagáceas.[3][4][5][6][7]

Unha das súas máis significativas e coñecidas publicacións foi L'Amérique Centrale.[8]

Foi o autor de varios centos de nomes de plantas aínda en uso.[9]

Foi membro da Real Academia Danesa de Ciencias e Letras

Honores[editar | editar a fonte]

Eponimia[editar | editar a fonte]

Xénero de orquídeas

Abreviaturas[editar | editar a fonte]

A abreviatura Oerst. emprégase para recoñecer a Anders Sandoe Oersted como autoridade na descrición e clasificación científica en botánica.​

A abreviatura Oersted emprégase para recoñecer a Anders Sandoe Oersted como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ørsted, A. S. (1843): "Grønlands Annulata dorsibranchiata". Kongelige Danske Videnskabernes Selskab, Naturhistorisk- mathematiske Afhandliger 10: 153-216.
  2. Ørsted, A. S. (1844):De regionibus marinis: Elementa Topographiae Historiconaturalis Freti Oeresund. Respondente ornatissimo E. Petit; publice defendere studebit. Copenhague: J. C. Scharling.
  3. Ørsted, A. S. (1861): "Myrsineae centroamericanæ et mexicanæ". Videnskabelige Meddelelser fra den Naturhistoriske Forening i Kjøbenhavn.
  4. Ørsted, A. S. (1858): Gesneraceæ centroamericanæ. Kongelige Danske Videnskabernes Selskabs Skrifter - Naturvidenskabelig og Mathematisk Afdeling, 5.Rk., vol. 5.
  5. Ørsted, A. S. (1855): Mexicos og Centralamerikas Acanthaceer. Videnskabelige Meddelelser fra den Naturhistoriske Forening i Kjøbenhavn 1854.
  6. Ørsted, A. S. (1852): "Centralamerikas Rubiaceæ". (Bestemmelser og Beskrivelser mestendeels af G. Bentham). Journal of the Linnean Society.
  7. Ørsted, A. S. (1867): "Recherches sur la classification des Chênes". Mémoires de la Societé d’Histoire Naturelle de Copenhague.
  8. Ørsted, A. S. (1863): L'Amérique Centrale: Recherches sur sa flora et sa géographie physique Arquivado 30 de setembro de 2007 en Wayback Machine.. Copenhague, Bianco Luno
  9. IPNI, Lista de nomes de plantas con Oerst. como autor.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]