Saltar ao contido

Anders Herman Warén

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAnders Herman Warén
Biografía
Nacemento1945
País de nacionalidadesueca
Formación profesionalDoutor en Bioloxía
EducaciónUniversidade de Gotemburgo
Actividade
Ocupaciónzoólogo
EmpregadorUniversidade de Gotemburgo, Museo Sueco de Historia Natural
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaWarén Editar o valor en Wikidata

Anders Herman Warén, nado en 1945, é un zoólogo sueco, especializado en invertebrados, especialmente en moluscos.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Anders Warén doutorouse en bioloxía na Universidade de Gotemburgo.

Experto en moluscos da familia dos eulímidos, foi axudante de investigación no Departamento de Zooloxía da Universidade de Gotemburgo desde 1979 a 1984 e, desde este último ano, primeiro comisario do Departamento de Invertebrados no Museo Sueco de Historia Natural de Estocolmo.

Está especializado en fauna de moluscos de augas profundas, moluscos con cuncha do Atlántico norte e fauna de caracois en ambientes quimioautótrofos.

Participou en moitas expedicións a mares de augas profundas en todo o mundo, entre elas aos mares tropicais do Pacífico americano,[1] que comentou no seu traballo: Warén, A. (1992): "Comments on and descriptions of eulimid gastropods from tropical west America". The Veliger 35: 177-194.

Describiu e nomeou varios centos de especies de moluscos novos para a ciencia. Ademais, foi o descritor da familia dos ebálidos (Ebalidae),[2] hoxe considerada como a subfamilia dos ebalinos.[3]

Abreviatura

[editar | editar a fonte]

A abreviatura Warén emprégase para recoñecer a Anders Herman Warén como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

  1. Jorge Cortés (2014): "Compilación y análisis de las investigaciones científicas sobre temas marinos y atmosféricos en el Pacífico Norte de Costa Rica". Rev. Biol. Trop. 62 (4): 151-184.
  2. Warén, A. (1994): "Systematic position and validity of Ebala, Gray, 1847 (Ebalidae fam. n., Pyramidelloidea, Heterobranchia)". Bollettino Malacologico 30: 203–210.
  3. Ebalinae Warén, 1995 no WoRMS. Consultado o 18 de agosto de 2021.