Andaman do Medio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Andaman do Medio
Localización da illa
Situación
PaísIndia India
ArquipélagoIllas Andaman
MarOcéano Índico
Coordenadas12°30′N 92°50′L / 12.500, -92.833Coordenadas: 12°30′N 92°50′L / 12.500, -92.833
Xeografía
Superficie1.536 km²
Longura máxima68 km.
Largura máxima31 km
Perímetro272 km
Punto máis alto512 m. Monte Diavolo
Demografía
CapitalRangat (pob. 38.824)
Poboación54.385 (2001)

Andaman do Medio[1] é a illa central de Gran Andaman, cunha superficie total de 1.536 km². Pertence ao distrito administrativo de Andaman do Medio e do Norte, forma parte do Territorio da Unión de Andaman e Nicobar na India .[2]

A súa costa foi alagada polo tsunami resultantes do Terremoto do Océano Índico 2004, aínda que o efecto foi moito menos grave en comparación con outras illas de Andaman e Nicobar.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A illa pertence á Cadea de Gran Andaman e localízase a 73 km. ao norte de Port Blair. É a illa central das illas Andaman na India, cunha superficie total de 1.536 km². Andaman do Medio sepárase da illa de Andaman do Norte polo estreito de Austen, e da illa de Baratang no sur polo estreito de Homfray, ambas canles profundas e estreitas, dalgúns centos de metros de ancho. E da illa Interview no seu oeste polo paso navegable de Interview.[3]

Administración[editar | editar a fonte]

Politicamente, Andaman do Medio, é parte dos tehsils de Mayabunder e Rangat.[4] [5][6]

Demografía[editar | editar a fonte]

A poboación de Andaman do Medio consta de colonos bengalís, támiles e keralitas. A illa é tamén o fogar de moitos indíxenas Jarawa. A principal ocupación dos habitantes é a agricultura.

As cidades principais de Andaman do Medio (poboación metropolitana entre parénteses) son Rangat (10.000), Mayabunder (5.565), Bakultala (4.454), Nimbutala (3.063), e Kadamtala (3.008).

Segundo o censo da India de 2011, a illa ten x fogares. A taxa de alfabetización efectiva (é dicir, a taxa de alfabetización excluíndo os nenos menores de 6 anos) é do 76%.[7]

Demographics (2011 Census)[7]
Total Homes Mulleres
Poboación 55632 28767 26865
Nenos menores de 6 anos 2065 1039 1026
Castas rexistradas 0 0 0
Tribos rexistradas 3 3 3
alfabetizados 42294 22946 19348
Traballadores (todos) 2 2 0
Traballadores principais (total) 2 2 0

Turismo[editar | editar a fonte]

A illa alberga inmaculadas fervenzas e bonitas praias. Ofrece diversión aventureira como campamentos na illa, sendeirismo, mergullo e outros deportes acuáticos.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definición de andamanés, -esa no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  2. "Village Code Directory: Andaman & Nicobar Islands" (PDF). Census of India. Consultado o 2011-01-16. 
  3. Edgar Thorpe, Showick Thorpe (2011) The Pearson CSAT Manual 2011. Accessed on 2012-07-26
  4. "DEMOGRAPHIC – A&N ISLANDS" (PDF). andssw1.and.nic.in. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de agosto de 2017. Consultado o 2016-09-23. 
  5. "nort part map". Arquivado dende o orixinal o 10 de maio de 2017. Consultado o 27 de agosto de 2017. 
  6. "south part map". Arquivado dende o orixinal o 10 de maio de 2017. Consultado o 27 de agosto de 2017. 
  7. 7,0 7,1 "District Census Handbook - Andaman & Nicobar Islands" (PDF). 2011 Census of India. Directorate of Census Operations, Andaman & Nicobar Islands. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de agosto de 2015. Consultado o 2015-07-21. 
  8. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 20 de maio de 2013. Consultado o 20 de maio de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]