Saltar ao contido

Anchusa undulata

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Anchusa undulata é unha planta herbácea da familia das Boraginaceae, moi variable e que presenta moitas formas locais.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Planta bienal ou perenne de até 60 cm de altura, plumosa e de vellosidade áspera densamente pubescente ou case gabra. Follas alternas, oblongo-lanceoladas de até 15 cm de lonxitude escasamente dentadas e coa marxe fortemente ondulada ou rizadas, as inferiores estreitadas en pecíolo e as superiores sentadas. Talos de 30 a 60 cm de altura foliosos e ramificados na base. Flores hermafroditas con corola púrpura-negruzca que pasa a unha cor azul intensa, dispostas en inflorescencias unilaterais que se alongan, cáliz de 5-10 mm en flor e até 20 mm no froito, dividido até preto da metade. Tubo corolino de 1 a 1,5 cm que excede en lonxitude aos pétalos e ao cáliz, escamas da garganta redondeadas con marxe ciliado, máis curtas que este último e cos estames insertos no alto do tubo. Florece na primavera.[7]

En campos areosos e rochosos, malezas, cultivos e baldíos.[8]

Distribución

[editar | editar a fonte]
Detalle das flores

A. undulata é unha especie endémica da península ibérica e Marrocos, moi variable, que deu como consecuencia o recoñecemento de varios taxóns infraespecíficos endémicos da península ibérica (Valdés, B. (1981) ou de Marrocos (Valdés, 2002; Ouyahya, 2007).[9][10][11] Esta especie distribúese por practicamente toda a Península, salvo parte de Galicia, cornixa Cantábrica, Navarra, Aragón, Cataluña e País Valenciano.[12]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]
Vista da planta

Anchusa undulata foi descrita por Carl von Linné e publicada en Species Plantarum 1: 131. 1753.[13]

Anchusa undulata
Citoloxía

Número de cromosomas de Anchusa undulata (Fam. Boraginaceae) e taxóns infraespecíficos: 2n=16[18]

Etimoloxía

Anchusa: nome xenérico do latín anchusa para unha planta utilizada como cosmético ou como emoliente para calmar e suavizar a pel.[19]

undulata: epíteto latino que significa "ondulada".[20]

Sinonimia

[editar | editar a fonte]
Detalle das follas.

Nota: Os nomes que presentan ligazóns son sinónimos noutras especies:[21]

  1. http://www.theplantlist.org/tpl1.1/record/kew-2636700
  2. http://www.ipni.org/ipni/idPlantNameSearch.do?id=919665-1
  3. http://www.theplantlist.org/tpl1.1/record/kew-2636704
  4. 4,0 4,1 Bayer, E., Buttler, Finkemzeller, Grau (1989). Plantas del Mediterráneo. Barcelona:Blume. ISBN 84-7031-629-X. 
  5. http://ww2.bgbm.org/EuroPlusMed/PTaxonDetail.asp?NameId=8000503&PTRefFk=7100000
  6. http://www.ipni.org/ipni/idPlantNameSearch.do?id=70029297-1
  7. González Corregidor, J.; Parejo A. (1999). Plantas Silvestres de la Flora Ibérica. Toledo:Grilabo. ISBN 84-253-3336-9. 
  8. Penas, A.; et alii. (1991). Plantas Silvestres de Castilla y León. Valladolid:Ámbito. ISBN 84-86770-40-8. 
  9. Valdés, B. (1981). Anchusa undulata L. en Andalucía Occidental. Lagascalia10: 104-110
  10. (2002). Boraginaceae. En B. Valdés, M. Rejdali, A. Achhal El Kadmiri, S. Jury & J. M. Montserrat (eds.) Catalogue des Plantes Vasculaires du Nord du Maroc, Incluant des Clés d’ídentifi cation 2. C.S.I.C., Madrid
  11. Ouyahya, A. (2007). Boraginaceae. In M. Fennane, M. Ibn Tattou, A. Ouyhya & El Oualidi (eds.) Flore Pratique du Maroc2: 377-405. (Travaux de l’Institut Scientifi que, Série Botanique 38). Rabat
  12. "NOTAS TAXONÓMICAS Y COROLÓGICASPARA LA FLORA DE LA PENÍNSULAIBÉRICA Y EL MAGREB" (PDF) (29). 209: 271–358. Consultado o 19 de decembro de 2019. 
  13. "Anchusa undulata". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 16 de setembro de 2013. 
  14. https://www.gbif.org/species/8305110
  15. https://www.gbif.org/species/7510629
  16. https://www.gbif.org/species/8651329
  17. https://www.gbif.org/species/7836663
  18. Cytotaxonomy of spanish plants. IV.-Dicotyledons: Caesalpinacea-Asteracea. Löve, A. & E. Kjellqvist (1974) Lagascalia 4(2): 153-211
  19. Nombres botánicos
  20. En Epítetos Botánicos
  21. https://www.gbif.org/species/5341198 Anchusa azurea