Anatolii Nicoláevich Svetovidov

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAnatolii Nicoláevich Svetovidov
Biografía
Nacemento3 de novembro de 1903 Editar o valor em Wikidata
Moscova, Rusia Editar o valor em Wikidata
Morte26 de abril de 1985 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
Lugar de sepulturaCemitério de Komarovo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Ruso
Unión Soviética
República Socialista Soviética Federativa de Rusia Editar o valor em Wikidata
EducaciónRussian State Agricultural University (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoIctioloxía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónictiólogo Editar o valor em Wikidata
Membro de
Premios

Anatolii Nicoláevich Svetovidov (en ruso Световидов, Анатолий Николаевич), nado en Feryazkino, condado de Staritskii, provincia de Tver, Imperio ruso, o 21 de outubro (3 de novembro) de 1903 e finado en Moscova o 26 de abril de 1985, foi un zoólogo ruso especializado en ictioloxía.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1925 graduouse na Academia Agrícola de K. A. Timiríazev (Moscova) e, a partir de 1932, traballou no Instituto Zoolóxico da Academia de Ciencias da URSS, especialmente no estudo das variacións intraespecíficas, así como na taxonomía de peixes e na filoxenia baseada na morfoloxía comparativa e funcional.

Tamén estudou a dinámica das poboacións, a orixe e a distribución xeográfica dos peixes, especialmente do bacallau e o arenque.[1]

En 1953 foi nomeado membro correspondente da Academia de Ciencias da URSS.

Foi o creador da subfamilia dos Merlucciinae en 1948.[2]

Faleceu en Moscova o 26 de abril de 1985, aos 81 anos, está soterrado no cemiterio de Komarovske de San Petersburgo.

Principais obras[editar | editar a fonte]

  • 1931 – "Materiais para a taxonomía e bioloxía dos tímalos do lago Baikal". Proc. da Estación limnolóxica do Baikal. Academia Rusa das Ciencias. T. 1.-S. 19-199.
  • 1936 – "O tímalo euroasiático (xénero Thymallus Cuvier)". Proc. Zool. Instituto da Academia Rusa das Ciencias. T. 3. S. 183-301.
  • 1943 – "O xénero Alosa nos mares Caspio e Negro e as condicións da súa especiación". Zool. Journal. 22 (4) S.: 222-232.
  • 1948 – Fauna da URSS. Peixes. Gadiformes. Leningrado: ANSSSR. T. IX. Número 4. 22, 1948* 1952 – Fauna da URSS. Peixes. Volume 2, nº 1. Clupeidos (Clupeidae). Moscova-Leningrado: Editorial da Academia Rusa das Ciencias (ANSSSR).
  • 1964 – Peixes do Mar Negro. Moscova: Nauka.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Svetovidov, Anatolii en The Free Dictionary.
  2. Merlucciinae en WoRMS.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]