Anatoli Papanov

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAnatoli Papanov

(1979) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento31 de outubro de 1922 Editar o valor em Wikidata
Viazma, Rusia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte5 de agosto de 1987 Editar o valor em Wikidata (64 anos)
Moscova (Unión Soviética) Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Infarto agudo de miocardio Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturacemiterio Novodevichii Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeUnión Soviética Editar o valor em Wikidata
EducaciónRussian Institute of Theatre Arts (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoActuación Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónactor de teatro , actor , actor de cinema , profesor de teatro Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1946 Editar o valor em Wikidata - 1987 Editar o valor em Wikidata
EmpregadorRussian Institute of Theatre Arts (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua rusa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
LealdadeUnión Soviética Editar o valor em Wikidata
ConflitoFronte Oriental (segunda guerra mundial) Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeNadezhda Karatayeva
FillosJelena Anatoljewna Papanowa (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0660311 Allmovie: p148743
Musicbrainz: 06a983dc-5bec-49c8-b18a-f20a90829141 Find a Grave: 100776678 Editar o valor em Wikidata

Anatoli Dmitrievich Papanov (en ruso Анато́лий Дми́триевич Папáнов), nado en Viazma o 31 de outubro de 1922 e finado en Moscova o 5 de agosto de 1987, foi un actor e director de teatro ruso da época soviética.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Seu pai, Dmitri Filippovich Papanov era un militar[1] destinado no cruzamento ferroviario de Viazma, entón parte da gubernia de Smolesk. Súa nai, Elena Boleslavovna Roskovskaia era unha modista polaca que ao casar se converteu á fe ortodoxa[2]. Seu pai formaba parte dunha compañía teatral de afeccionados organizada por Nikolai Plotnikov e na que tamén actuaba Evgenia Luchesarskaia, antiga actriz nos teatros imperiais e dona do comandante da gornición de Viazma. Cando as pezas requirían nenos, Anatoli e súa irmá botaban unha man saíndo a escena.[3]

En 1930, a familia trasladouse a Moscova. De mozo traballou nunha fábrica e con 17 anos principiou a estudar na escola de teatro no club da fábrica Kauchuk que organizaron actores do Teatro Evgeny Vakhtangov e que dirixía Vasilii Kuza, a quen Papanov consideraba o seu primeiro mestre[4]. En 1937 apareceu por primeira volta nun filme, un pequeno papel como mariño en Lenin v oktyabre e logo aparecu noutros filmes como extra. En 1941 durante o inicio da guerra na URSS Papanov incorporouse á fronte como sarxento primeiro ao mando dun pelotón artillaría antiaérea. O 22 de marzo de 1942 nunha acción preto de Khárkiv cercárono as tropas inimigas e resultou ferido, con feridas graves na perna dereita e a perda de dúas dedas[4]. Pasou seis meses nun hospital, logo con 21 anos declárono discapacitado de terceiro grao e durante uns anos tivo que usar cachaba[2].


Teatro e cine[editar | editar a fonte]

En 1943 volveu a Moscova e ingresou no Instituto Estatal de Artes Teatrais Lunacharski[4], estudou so a guía de Vasili e Maria Orlov, do Teatro Artístico de Moscova. Entre as súas compañeiras de clase estaba Nadezhda Karataeva, con quen casou en 1945[5]. Tras rematar os estudos en 1946 marchou a Klaipeda coa súa muller e os seus antigos compañeiros de curso como a compañía estable do recentemente reaberto Teatro Dramático de Klaipeda[5], o primeiro papel que interpretou na cidade lituana foi o de Sergei Tyulenin da peza Molodaya gvardiya, baseada na novela homónima de Fadeyev. En 1948 volveu a Moscova para se integrar no elenco do Teatro Académico da Sátira por suxestión do director Andrei Goncharov, e alí actuou durante case corenta anos en cincuentas montaxes. Algunhas desas obras graváronse para a televisión.

En cine o seu primeiro grande éxito foi en 1964 no papel do xeneral Serpilin no filme Zhivye i myortvye de Aleksandr Stolper baseado nunha novela de Konstantin Simonov, quen gabou a súa interpretación[6]. En 1966 Eldar Ryazanov estreou Beregis Avtomobilya, no que Papanov compartía protagonismo co seu amigo Andrei Mironov, con Mironov como un moderno contrabandista, e Papanov como seu sogro, un veterano de guerra que se moquea del o tempo todo. A popularidade da parella levou en 1968 a Leonid Gaidai a elixilos para a comedia Brilliantovaïa rouka encarnando un par de contrabandistas que tentan quitarlle a "escaiola de diamantes" do heroe. O filme vírono máis de 76 millóns de espectadores no ano da súa estrea, converténdose no terceiro filme soviético máis popular de todos os tempos[7]. En 1971, Gaidai escolleu de novo á parella para a súa adaptación da novela de Ilf e Petrov 12 stulyev mais despois optou por outros actores[8] e foi na adaptación que realizou Mark Zakharov para a televisión da novela onde a parella se reuniu por derradeira volta.

Actuou en máis de setenta producións cinematográficas[9]. Tamén foi moi recoñecido o seu labor como actor de voz para animación, participando en máis de cen producións, en especial salienta o lobo, protagonista de Nu, pogodi!, que se converteu en emblema do propio actor [10].

En 1987 dirixiu unha montaxe da peza Posledniye, drama de Gorki, e como crente quixo completar a obra cunha pregraria, e para evitar posibles prohibicións inseriu unha gravación de radio co cantante de ópera Fedoror Chaliapin executando unha oración[11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Анатолий Папанов: кем были родители талантливого советского актера" russian7.com
  2. 2,0 2,1 Татьяна Булкина (2011) Поклон советскому кино. Московия, pp. 87—96. ISBN 5-7151-0333-9.
  3. Крылов Ю. К. (2012) Анатолий Папанов. Снимайте шляпу, вытирайте ноги. Питер. ISBN 978-5-459-01169-2.
  4. 4,0 4,1 4,2 "Острова. Анатолий Папанов". Культура. 2007. Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2019. Consultado o 04 de setembro de 2019. 
  5. 5,0 5,1 "Надежда Каратаева и Анатолий Папанов. Больше, чем любовь". tvkultura.ru. 2013. Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2019. Consultado o 05 de setembro de 2019. 
  6. С. И. Юткевич (1987) Кино: Энциклопедический словарь М.: Советская энциклопедия, pp. 81, 316
  7. "СССР: Самые кассовые фильмы". KinoPoisk
  8. Anna Veligzhanina. "Гайдай забраковал 22 Остапа". Komsomolskaya Pravda, 30 de xaneiro de 2003
  9. "Папанов в кино". Сайт памяти Анатолия Папанова. Arquivado dende o orixinal o 08 de setembro de 2019. Consultado o 06 de setembro de 2019. 
  10. "Папанов и мультфильмы". Сайт памяти Анатолия Папанова. Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2018. Consultado o 06 de setembro de 2019. 
  11. Татьяна Булкина (2011). Поклон советскому кино. pp. 87—96. ISBN 5-7151-0333-9.