Anatoli Marienhof

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Anatoli Marienhof
Анатолий Мариенгоф.jpg
Nacemento24 de xuño de 1897
 Nizhnii Novgorod
Falecemento24 de xuño de 1962
 San Petersburgo
SoterradoBogoslovskoe cemetery
NacionalidadeImperio Ruso e Unión Soviética
Ocupaciónguionista, poeta, dramaturgo e escritor
CónxuxeAnna Nikritina
editar datos en Wikidata ]
Anatoli Marienhof.

Anatoli Borisovich Marienhof (en ruso Анатолий Борисович Мариенгоф), nado o 6 de maio de 1897 e finado o 24 de abril de 1962, foi un poeta, novelista e dramaturgo ruso. Unha das figuras principais do Imaxinismo, recordado na actualidade polas súas memorias que describen a vida literaria rusa de 1920s e a súa amizade con Sergei Esenin.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Anatoli Marienhof naceu nunha familia nobre en Nizhnii Novgorod. Tras a súa graduación no instituto en 1914 foi mobilizado e serviu durante a Primeira Guerra Mundial na Fronte Oriental.

A carreira literaria de Marienhof empezou en 1918 cunha contribución nun almanaque publicado en Voronezh, nese ano tamén se trasladou a Moscova e coñeceu a Sergei Esenin e outros poetas moscovitas. Xuntos comenzaron un novo movemento poético chamado Imaxinismo. Marienhof participou en todas as accións e publicacións imaxinistas, tamén publicou unha ducia de libros de poesía no período 1920-1928.

Marienhof gañou máis recoñecemento coa súa controvertida ficción: "A novela sen mentiras" (1927) e "Os cínicos" (1928). O primeiro noveliza a súa amizade con Sergei Esenin; o último é unha historia da vida dos intelectuais novos durante a revolución e o comunismo de guerra. Ámbolos dous recibiron duras críticas na prensa soviética.

Despois da publicación da súa última novela, "Homes afeitados", en 1930 en Berlín, Marienhof tan só escribiu para o teatro e máis tarde para a radio sen esperanza de publicar de novo.

Nos seus últimos anos, despois da morte de Stalin, Marienhof dedicouse a escribir as súas memorias que se publicaron décadas despois da súa morte.