Saltar ao contido

Ana María Prieto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAna María Prieto
Biografía
Nacemento1942 Editar o valor en Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Morte19 de xuño de 2018 Editar o valor en Wikidata (75/76 anos)
Becerreá, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónprogramadora Editar o valor en Wikidata
EmpregadorGroupe Bull (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Ana María Prieto López, nada en Santiago de Compostela en 1942 e finada en Becerreá 19 de xuño de 2018,[1] foi a primeira programadora informática galega e, probabelmente, española.[2] [3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Aos 9 anos, Prieto trasladouse coa súa familia a Madrid, onde a súa nai quixo que estudara farmacia. Pero estes estudos non a convencían e probou con outras profesións, como a de deseñadora de modas, xa que lle gustaba a innovación.

A súa irmá viu un anuncio de traballo da gran multinacional dos primeiros ordenadores IBM, e como a Ana María lle apaixoaban as matemáticas presentouse e foi seleccionada.

Abandonou os estudos de Farmacia, e tras formarse de forma autodidacta e cuns cursos en Madrid na empresa francesa Bull, unha das primeiras multinacionais de ordenadores da época foi contratada pola Bull para traballar como operadora, converténdose en 1963 na primeira programadora da Bull e de todo Madrid (e probabelmente de toda España).[4] [5]

Como programadora escribía en COBOL e en código máquina, para preparar as novas máquinas que chegaban a Bull.[6]

Foi colaboradora de varios clientes de Bull, entre eles Shell e Barreiros. Aos 21 anos estaba presente en feiras tecnolóxicas.

En 1969 deixou a Bull e regresou a Galicia,[7] catro anos máis tarde, en 1973, casou co seu noivo da infancia con quen tivo 3 fillos. Comezou a traballar na Caixa de Aforros de Santiago coas máquinas de Philips e IBM máis avanzadas da época.

Máis tarde abandonou a súa carreira profesional para dedicarse á familia, como ela mesmo dixo. Porén, cando os seus fillos foron maiores, comprou para a súa propia empresa familiar (Almacenes Zoilo, en Becerreá) un microordenador, que programou para mecanizar a empresa.[3] [8]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

En 2019 homenaxeouna o Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia.[9][10]

O equipo informático da canción en galego participante no concurso de músicas xeradas por Intelixencia Artificial foi nomeado "Ana María Prieto".[11][12]

  1. "falecemento". Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2018. Consultado o 29 de xuño de 2018. 
  2. "Nuestro homenaje a la mujer trabajadora: cinco perfiles TIC desconocidos" MCPRO". MuyComputerPRO. 8 de marzo de 2017. Consultado o 6 de marzo de 2018. 
  3. 3,0 3,1 "«Fui la primera mujer programadora»". La Voz de Galicia (en castelán). 13 de maio de 2016. Consultado o 6 de marzo de 2018. 
  4. "Las mujeres en el sector tecnológico: 8 pioneras que abrieron las puertas a miles de científicas en España". www.expansion.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2018. Consultado o 6 de marzo de 2018. 
  5. "La asombrosa historia de la primera mujer programadora española". Wualapp (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2018. Consultado o 6 de marzo de 2018. 
  6. "Ana Maria Prieto". Rapaciñ@s. Consultado o 6 de marzo de 2018. 
  7. "«Fui la primera mujer programadora»". La Voz de Galicia (en castelán). 13 de maio de 2016. Consultado o 6 de marzo de 2018. 
  8. "«Nunca pensé que tendríamos portátiles»". La Voz de Galicia (en castelán). 14 de maio de 2016. Consultado o 6 de marzo de 2018. 
  9. "O CPEIG distingue a figura de Ana María Prieto con motivo do Día da Muller". Código Cero. 6 de marzo de 2019. Consultado o 7 de marzo de 2019. 
  10. Marcos Pérez Pena (6 de marzo de 2019). "Homenaxe a Ana María Prieto, a primeira programadora galega, que abriu camiños nun mundo de homes". Praza Pública. Consultado o 11 de marzo de 2019. 
  11. ExtraDixital (2022-06-07). "Un cantar galego busca competir por primeira vez na Eurovisión das cancións compostas por IA". Consultado o 2022-09-01. 
  12. "The 2022 Finalists". AI Song Contest 2022 (en inglés). Consultado o 2022-09-01. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • VV. AA. (2019) No me cuentes cuentos. Ed. Montena. ISBN: 9788417922290
  • Cuentos de buenas noches para nuestras niñas rebeldes. Editorial Destino, 2021. ISBN: 9788408241676
  • Blanco, Isabel (2021). Galegas na ciencia . Editorial Belagua. Ilustracións de María Lapido. ISBN 978-84-12-14336-2

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]