Ana Luísa Bouza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAna Luísa Bouza
Biografía
Nacemento1960 Editar o valor em Wikidata (63/64 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 2278289

Ana Luísa Bouza Santiago, nada na Coruña en 1960,[1] é unha política galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciada en Ciencias políticas e Socioloxía pola UNED, Diplomada en Formación Bancaria por CUNEF, é analista de aplicacions informáticas. Foi delegada sindical entre os anos 1980 e 1984. Nas eleccións autonómicas de 2005 foi elixida deputada nas listas do BNG e renunciou ao escano para ser Directora Xeral do Servizo Galego de Igualdade da Vicepresidencia da Xunta de Galicia. Nas autonómicas de 2009 foi elixida deputada do Parlamento de Galicia. En 2012 deixou a executiva do BNG para reincorporarse ao seu posto de traballo como analista de aplicacións informáticas no Banco Pastor.[2] Foi unha das fundadoras de Abrente. En xaneiro de 2016 abandonou a militancia no BNG.[3]

Membro do Consello de Redacción da revista Andaina, é coautora do libro O Tratado da Constitución Europea: Visións desde Galiza (2005) e autora de artigos e relatorios de temática feminista. É vicepresidenta da Asociación Somos Nós e administradora da empresa editora da revista Luzes e membro do seu consello de redacción.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]