Saltar ao contido

Amador Castro Moure

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAmador Castro Moure

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1962 Editar o valor en Wikidata (61/62 anos)
Nandulfe, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, sociólogo Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

BNE: XX5844000 Bitraga: 4177 AELG: amador-castro-moure BUSC: castro-moure-amador-1962

Amador Castro Moure, nado en Nandulfe[1] (Pedrafita, Chantada) en 1962,[2] é un escritor galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Viviu desde moi novo en Barcelona. Licenciado en Ciencias Políticas e Socioloxía,[3] traballa como programador de aplicacions informáticas e administrador de redes.

Publicou poemas en varias escolmas. No campo musical fundou o grupo 100.000 Profilácticos e despois foi guitarrista en Alicia golpea con Carlos Zanón.[4]

En 2013 publicou Memorias de antes do encoro, novela na que o protagonista viaxa desde París a unha Galicia rural, esquecida e asolagada baixo un encoro.[5] En 2018 publicou Pillabán, pillabán, novela ambientada en Cereixa no século XV nos tempos de María Castaña.[6] En xuño de 2019 gañou o Premio Xerais de Novela por Shanghai a Barcelona, novela sobre a emigración galega a Barcelona. O xurado considerou "que presenta un orixinal emprego das voces narrativas, fiadas unhas con outras con afán de continuidade; destacando a viveza e naturalidade dos diálogos e a efectiva creación dunha atmosfera abafante ao longo de toda a novela, alén da fusión dun rexistro coloquial nos personaxes cunha linguaxe lírica presente en forma de haikus".[7] Amador Castro afirmou: "comecei tarde nisto da novela. Non na literatura" e "atopei na informática o máis parecido a un proceso creativo".[8]

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]
  • Escolma da poesía galega 1976-1984 (1984). O vento que zoa, Sotelo Blanco. Ed. de Xosé Lois García.
  • Ecos dos poetas de Chantada. Miscelánea de poemas do século XII ao XXI (2017). Sacauntos. Ed. de Xosé Lois García. 138 páxs.
  1. "autor/a A. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-10-28. 
  2. B.R.S. (8 de xuño de 2019). "«A obra parte dunha noticia que lin hai anos na Voz»". La Voz de Galicia. Consultado o 2019-06-09. 
  3. Redacción, Faro de. "Amador Castro, Emma Pedreira e Rosa Aneiros, premios Xerais 2019". www.farodevigo.es (en castelán). Consultado o 2019-06-09. 
  4. "Amador Castro Moure. Entreescritores: plataforma para publicar libros online.". www.entreescritores.com. Consultado o 2019-06-09. 
  5. "Memorias de antes do encoro". www.amazon.com.br. Consultado o 2019-06-09. 
  6. Pillabán, pillabán de Amador Castro Moure. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 30 de xuño de 2020. 
  7. Redacción (08/06/2019). "Amador Castro, Emma Pedreira e Rosa Aneiros, gañadoras dos Xerais 2019". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 09/06/2019. Consultado o 2019-06-09. 
  8. "Amador Castro gaña o Premio Xerais de novela e Rosa Aneiros e Emma Pedreira os 'Merlín' e 'Jules Verne'". praza.gal. Consultado o 09/06/2019. 
  9. "Memorias de Antes del Embalse de Castro Moure, Amador: Amador Castro Moure 9788461679232 Paperback, No - Ria Christie Collections". www.iberlibro.com (en castelán). Consultado o 2019-06-09. 
  10. "Memorias de antes del embalse eBook: Amador Castro Moure: Amazon.es". www.amazon.es. Consultado o 2019-06-09. 
  11. "Ficha do libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-10-11. 
  12. Nicolás, Ramón (2019-10-28). "Shangai a Barcelona, de Amador Castro Moure". Caderno da crítica. Consultado o 2019-10-28. 
  13. "Novas". www.dacoruna.gal. Consultado o 2022-11-18. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]