Amadeu Aragay

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Amadeu Aragay i Davi»)
Infotaula de personaAmadeu Aragay

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) Amadeu Aragay i Davi Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento6 de decembro de 1886 Editar o valor em Wikidata
Sabadell, España Editar o valor em Wikidata
Morte10 de outubro de 1965 Editar o valor em Wikidata (78 anos)
Cidade de México Editar o valor em Wikidata
Deputado nas Cortes republicanas

4 de decembro de 1933 – 7 de xaneiro de 1936

Circunscrición electoral: Barcelona (province) (en) Traducir
Deputado nas Cortes republicanas

9 de xullo de 1931 – 9 de outubro de 1931

Circunscrición electoral: Barcelona (province) (en) Traducir
Town Councilor of Sabadell (en) Traducir
1911 – 1917 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaSabadell Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , futbolista , sindicalista Editar o valor em Wikidata
Partido políticoEsquerra Republicana de Catalunya Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeElionor Vinyerta (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Amadeu Aragay i Davi, nado en Sabadell en 1886 e finado en Cidade de México en 1965, foi un político, empresario e sindicalista catalán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Durante a súa mocidade estudou na Escola Pía de Sabadell e no Instituto Xeral e Técnico de Barcelona.

Inicialmente militou nas mocidades do Partido Republicano Radical de Alejandro Lerroux, e foi moi combativo con Solidariedade Catalá desde El Progreso. Tamén foi concelleiro do concello de Sabadell (1911-1914) polo Partido Radical, pero dende o 1915 mantivo posturas críticas co partido e aproximouse ó Bloc Republicà Autonomista.

Por influencia de Lluís Companys e Francesc Layret, en 1922 ingresou en Unió de Rabassaires, da que foi nomeado secretario xeral permanecendo no cargo de 1924 até 1936. Á vez, distanciouse do lerrouxismo. En 1930 asinou o Manifesto de Intelixencia Republicana e en xaneiro de 1931 foi encarcerado catro semanas no castelo de Montjuïc por dar apoio á sublevación de Jaca. En marzo de 1931 participou na Conferencia de Esquerdas e afiliouse a Esquerra Republicana de Catalunya. O 14 de abril participou xunto a Lluís Companys, no Concello de Barcelona, na proclamación da República Catalá.

Nas eleccións xerais españolas de 1931 e 1933 foi escollido deputado por ERC, e participou na discusión da Lei de Bases da Reforma Agraria (1932). En 1936 foi expulsado da Unión de Rabassaires por oporse á forte influencia do PSUC. Ó rematar a guerra civil española exiliouse en México. Alí traballou en varias actividades comerciais, interveu nos diversos grupos catalanistas e foi membro activo do Orfeó Català de México. Tamén ó longo da súa vida foi un destacado membro da francmasonaría.

Obras[editar | editar a fonte]

  • El ocaso de las almas (1915)
  • El problema agrari català (1924)
  • El pirata (opereta)
  • Terra nostra (el rebassaire) (1925)
  • La tragedia de Quimet (1926)