Amadeu Aragay
Nome orixinal | (es) Amadeu Aragay i Davi |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 6 de decembro de 1886 Sabadell, España |
Morte | 10 de outubro de 1965 (78 anos) Cidade de México |
Deputado nas Cortes republicanas | |
Representa: Esquerra Republicana de Catalunya 4 de decembro de 1933 – 7 de xaneiro de 1936 Lexislatura: II lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: Barcelona (province) (en) | |
Deputado nas Cortes republicanas | |
Representa: Esquerra Republicana de Catalunya 9 de xullo de 1931 – 9 de outubro de 1931 Lexislatura: I lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: Barcelona (province) (en) | |
Concelleiro de Sabadell | |
1911 – 1917 | |
Datos persoais | |
Residencia | Sabadell |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político, futbolista, sindicalista |
Partido político | Esquerra Republicana de Catalunya |
Deporte | fútbol |
Familia | |
Cónxuxe | Elionor Vinyerta |
Amadeu Aragay i Davi, nado en Sabadell en 1886 e finado en Cidade de México en 1965, foi un político, empresario e sindicalista catalán.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Durante a súa mocidade estudou na Escola Pía de Sabadell e no Instituto Xeral e Técnico de Barcelona.
Inicialmente militou nas mocidades do Partido Republicano Radical de Alejandro Lerroux, e foi moi combativo con Solidariedade Catalá desde El Progreso. Tamén foi concelleiro do concello de Sabadell (1911-1914) polo Partido Radical, pero dende o 1915 mantivo posturas críticas co partido e aproximouse ó Bloc Republicà Autonomista.
Por influencia de Lluís Companys e Francesc Layret, en 1922 ingresou en Unió de Rabassaires, da que foi nomeado secretario xeral permanecendo no cargo de 1924 até 1936. Á vez, distanciouse do lerrouxismo. En 1930 asinou o Manifesto de Intelixencia Republicana e en xaneiro de 1931 foi encarcerado catro semanas no castelo de Montjuïc por dar apoio á sublevación de Jaca. En marzo de 1931 participou na Conferencia de Esquerdas e afiliouse a Esquerra Republicana de Catalunya. O 14 de abril participou xunto a Lluís Companys, no Concello de Barcelona, na proclamación da República Catalá.
Nas eleccións xerais españolas de 1931 e 1933 foi escollido deputado por ERC, e participou na discusión da Lei de Bases da Reforma Agraria (1932). En 1936 foi expulsado da Unión de Rabassaires por oporse á forte influencia do PSUC. Ó rematar a guerra civil española exiliouse en México. Alí traballou en varias actividades comerciais, interveu nos diversos grupos catalanistas e foi membro activo do Orfeó Català de México. Tamén ó longo da súa vida foi un destacado membro da francmasonaría.
Obras
[editar | editar a fonte]- El ocaso de las almas (1915)
- El problema agrari català (1924)
- El pirata (opereta)
- Terra nostra (el rebassaire) (1925)
- La tragedia de Quimet (1926)