Altona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
DEU Hamburg COA.svg
Altona
DISTRITO DE HAMBURGO
Escudo Mapa
Escudo de armas de Altona Situación de Altona en Hamburgo
Datos
Topónimo oficial {{{topofi}}}
Estado Flag of Hamburg.svg Hamburgo
Elevación 20 m
Superficie 77,4 km²
Poboación 245.511 hab.
2008
Densidade 3172 hab./km²
Barrios 14 barrios
Fundación 1535
Páxina web www.hamburg.de/altona/
Política
Xefe Administrativo (Bezirksamtsleiter) Jürgen Warmke-Rose
Partido polítco Independente

Altona (en baixo saxón: Altno) é un distrito situado na parte oeste da cidade Hanseática de Hamburgo con 245.511 habitantes (2008). Foi, durante varios séculos, unha cidade independente baixo a administración da coroa dinamarquesa, mais o 1 de abril de 1938 foi incorporada a Hamburgo mediante a Lei de Groß-Hamburg (Lei da gran Hamburgo).

Xeografía[editar | editar a fonte]

O límite sur de Altona é o río Elba, ao outro lado do río está o estado da Baixa Saxonia e os distritos de Harburg e de Hamburg-Mitte, distrito que tamén limita a Astona polo leste. A fronteira occidental é o estado de Schleswig-Holstein. Segundo a oficina de estatística da zona de Hamburgo Altona en 2008 tiña unha superficie de 77,4 km².

Barrios[editar | editar a fonte]

Os barrios (Stadtteile) de Altona son:

Stadtteile
Altona-Altstadt
Altona-Nord
Stadtteile
Bahrenfeld
Ottensen
Stadtteile
Othmarschen
Groß Flottbek
Stadtteile
Osdorf
Lurup
Stadtteile
Nienstedten
Blankenese
Stadtteile
Iserbrook
Sülldorf
Stadtteile
Rissen
Sternschanze

Demografía[editar | editar a fonte]

En 2008 no barrio de Altona vivían 243.972 habitantes, dos cales 16,4% eran rapaces menores de 18 anos e un 18,6% persoas maiores de 65. O 15,3% proviñan da inmigración, estando 12.545 rexistradas como desempregados. Hai 37 escolas elementais e 30 secundarias en Altona.

A seguinte táboa describe a evolución da poboación no distrito dende 1537. Hai que ter en conta que dende el 1 de abril de 1938 fixo a súa adhesión á cidade de Hamburgo.

Casa do Concello de Altona
Ano Habitantes
1537 60
1600 250
1620 1.500
1650 2.500
1664 3.000
1710 12.000
1746 15.500
1789 20.000
1803 23.085
1835 26.393
Ano Habitantes
1840 28.095
1845 32.200
1855 40.626
1860 45.500
1864 53.039
1867 67.400
1871 74.100
1875 84.097
1880 91.047
1885 104.719
Ano Habitantes
1890 143.249
1895 148.944
1900 161.501
1905 168.320
1910 172.628
1916 145.748
1917 144.052
1919 168.729
1925 185.135
1933 241.970
Ano Habitantes
1988 232.567
1990 239.231
1992 242.536
1994 242.407
1996 240.086
1998 237.243
2000 240.102
2002 241.179
2004 241.352
2006 243.972

Política[editar | editar a fonte]

Simultaneamente coas eleccións ao Parlamento Estatal (Bürgerschaft), 51 Bezirksversammlung son elixidos coma representantes dos cidadáns.

Eleccións[editar | editar a fonte]

As últimas elección en Hamburgo foron o 24 de febreiro de 2008. Cinco partidos obtiveron máis dun 5% dos votos, requisito necesario para poder cualificar. Estes cinco partidos foron: o conservador CDU, os socialdemócratas do SPD, os Verdes (GAL), o partido de esquerdas Die Linke e os neoliberais do Freie Demokratische Partei (FDP). A participación foi do 65,2%.

Gráfico dos escanos en Altona
Partido Porcentaxe Escanos
CDU 34.6 18
SPD 29.8 16
GAL 18.3 9
Die Linke 9.2 5
FDP 5.9 3

Transportes[editar | editar a fonte]

En Altona atópase a principal estación de ferrocarril do estado, Hamburg-Altona, que conecta o transporte público co rexional, tanto autobuses coma trens. O Bundesautobahn 7 conduce a través do distrito.

De acordo co Departamento de Vehículos a Motor (Kraftfahrt-Bundesamt) en Altona hai 87.131 coches privados rexistrados, o que supón uns 355 automóbiles por cada 1000 habitantes.