Alto Asalto
| Alto Asalto | |||
|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||
|
Xénero
| |||
| Datas | |||
| |||
| Localización | |||
| |||
| Fontes e ligazóns | |||
| Wikidata |
Alto Asalto é un grupo musical de rap, formado en 2003 en Santiago de Compostela.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O grupo foi creado en 2003, formado orixinalmente por Mou (voz) e Darkrow (DJ). Pouco despois uniuse Ria.jos e marchou Darkrow. Tras pasar un par de DJs pola banda, o posto ocupouno definitivamente Dj Mestre Pi.[1] En 2010 presentaron o seu primeiro EP, Cultura Humana, gravado en Ordes por Mou, de Dios ke te crew, no seu estudio Rapapoulo, e producido por Mou xunto con Hevi, de Malandrómeda.[2] Contiña letras en galego e castelán e contou coas colaboracións de Juanito Broders, Viña, Dj Murdock, Dj Mil e Arma-X.[1] No 2012 gañaron o premio do xurado na categoría de Músicas Urbanas, do concurso Novo Son da Radio Galega así como o concurso de maquetas do festival Brincadeira.[3]
Pasaron 8 anos ata que en 2018 viu a luz o segundo traballo do grupo, o disco Soños e quimeras,[2] con Moudafaka e Riajos GatoPersa como Mcs, Dj Mestre Pi na música e Mou outra vez na produción. A portada foi obra de Miguel Duarte[4] e contaron coas colaboracións de Xenderal e MonStar nas voces e Screwaholic e Deloise nos instrumentos.[5]
En 2019 colaboraron no disco de Dios ke te crew, O ciclo da serpe.[6]
Discografía
[editar | editar a fonte]2010 - Cultura Humana
[editar | editar a fonte]| N.º | Título | Música | Duración |
|---|---|---|---|
| 1. | "Intro" | Alto Asalto | 00:57 |
| 2. | "Lo hacemos diferente" | Alto Asalto | 04:13 |
| 3. | "Adiviña" | Alto Asalto | 03:28 |
| 4. | "Inconformista" | Alto Asalto | 02:48 |
| 5. | "Tan flipados" | Alto Asalto | 03:54 |
| 6. | "El cortacespez" | Alto Asalto | 03:24 |
| 7. | "As culpas de quen son?" | Alto Asalto | 02:52 |
| 8. | "Moudafaka" | Alto Asalto | 04:46 |
| 9. | "Ak47" | Alto Asalto | 04:49 |
2018 - Soños e quimeras
[editar | editar a fonte]| N.º | Título | Música | Duración |
|---|---|---|---|
| 1. | "Intro" | Alto Asalto | 00:38 |
| 2. | "Soños E Quimeras" | Alto Asalto | 04:42 |
| 3. | "Aire" | Alto Asalto e Xenderal | 03:41 |
| 4. | "Vivir Asilvestrados" | Alto Asalto | 04:10 |
| 5. | "Ambrosio Pernas" | Alto Asalto | 03:23 |
| 6. | "Nada É Gratis" | Alto Asalto e MONSTAR | 04:13 |
| 7. | "Choro" | Alto Asalto | 03:38 |
| 8. | "Imaxina" | Alto Asalto | 03:58 |
| 9. | "Caixa De Cristal" | Alto Asalto | 03:59 |
| 10. | "Papá" | Alto Asalto | 02:44 |
| 11. | "Shock Anafiláctico" | Alto Asalto | 04:46 |
| 12. | "Cambiar O Adobo" | Alto Asalto | 04:51 |
| 13. | "Homes Elefante" | Alto Asalto | 04:09 |
| 14. | "Pantasmas" | Alto Asalto | 04:06 |
| 15. | "Tarde" | Alto Asalto | 03:53 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Alto Asalto no Correlingua 2011". 2011. Consultado o 25 de outubro de 2019.
- ↑ 2,0 2,1 "Alto Asalto – Soños e Quimeras". 23 de maio de 2018. Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2019. Consultado o 25 de outubro de 2019.
- ↑ "Alto Asalto". www.gzmusica.com. Consultado o 25 de outubro de 2019.
- ↑ "ALTO ASALTO". Consultado o 26 de outubro de 2019.
- ↑ "Alto Asalto, hiphop desde Santiago de Compostela con nuevo disco, Soños e Quimeras" (en castelán). 22 de maio de 2018. Consultado o 26 de outubro de 2019.
- ↑ Tarrío, Matías (7 de maio de 2019). "Dios Ke Te Crew. O colectivo hip hop de Ordes presenta disco cun show irrepetible". praza.gal. Consultado o 26 de outubro de 2019.