Alfonso Carrillo de Acuña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Alonso Carrillo de Acuña")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Alfonso Carrillo de Acuña
Santiago de Santiago (1987) estatua de Alonso Carrillo de Acuña (RPS 23-06-2007) Alcalá de Henares.png
Escultura de Alfonso Carrillo en Alcalá de Henares (Madrid)
Arcebispo da Igrexa Católica Latina
Biografía
Nacemento11 de agosto de 1410 en Carrascosa del Campo, Castela e León Coroa de Castela
Pasamento1 de xullo de 1482 (71 anos) en Alcalá de Henares, Castela e León Coroa de Castela
Arcebispo de Toledo
Primado de España
1446 - 1482
PredecesorGutierre Álvarez de Toledo
SucesorPedro González de Mendoza
Outros
Catedral de Alcalá de Henares (RPS 07-07-2012) escudo de Alfonso Carrillo de Acuña.png
Escudo de Alfonso Carrillo de Acuña
Ficha en catholic-hierarchy.org

Alfonso (ou Alonso) Carrillo de Acuña, nado en Carrascosa del Campo o 1 de agosto de 1410 e finado en Alcalá de Henares o 1 de xullo de 1482, foi un bispo castelán, bispo de Sigüenza entre 1436 e 1447, e arcebispo de Toledo e primado de España dende 1446 até a súa morte.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi fillo de Lope Vázquez de Acuña, máximo responsable do Concello da Mesta, primeiro Señor de Buendía e Azañón, e descendente dunha familia de nobres portugueses; e de Teresa Carrillo de Albornoz, Señora de Paredes, Portilla e Valtablado.

A súa familia materna, de ascendencia eclesiástica, pertencía ao municipio conquense de Carrascosa del Campo, e a do seu pai, ricohome de Castela, portuguesa. A súa educación desenvolveuse, baixo a influencia do seu tío o cardeal Alfonso Carrillo. Cando faleceu este, en 1434, recibiu o cargo de protonotario apostólico do papa Uxío IV, accedendo ao Consello Real de Xoán II. Foi nomeado bispo de Sigüenza en 1436 e arcebispo de Toledo en 1446. Morreu en Alcalá de Henares, o 1 de xullo de 1482.[1]

Vida política[editar | editar a fonte]

A súa influencia na vida política da Coroa de Castela, nos reinados de Xoán II, Henrique IV e cos Reis Católicos foi enorme; a súa opinión foi moi variable, acomodándose ás circunstancias.

Trala execución do favorito Álvaro de Luna en 1453, Carrillo apoiou á súa sobriño Juan Pacheco, marqués de Villena, o favorito do novo rei Henrique IV e desempeñou misións diplomáticas, para el, ante Francia, chegando a ter un gran poder, superando a moitos nobres. A súa cobiza e ambición leváronlle a enfrontarse ao rei, a partir do momento en que este preferiu cambiar de favorito, afastando a Pacheco e uníndose a Beltrán de la Cueva e os seus aliados os Mendoza, acérrimos inimigos de Carrillo.

Escudo de Alfonso Carrillo de Acuña na súa sepultura na catedral de Alcalá de Henares.
Tumba do arcebispo Carrillo (Jean Laurent ca. 1870), en Alcalá de Henares.

A partir de 1462, Carrillo foi o principal instigador dun bando de nobres casteláns que querían destronar ao rei e substituírlle polo seu medio irmán, o infante Alfonso, e participou moi activamente na Farsa de Ávila. Comezou así unha longa e cruenta guerra civil en Castilla. Cando no verán de 1468 morreu o infante, a súa irmá Isabel sucedeulle como pretendente ao trono e tivo como principal conselleiro ao arcebispo Carrillo, quen xunto co seu consogro Pierres de Peralta (Pedro de Peralta y Ezpeleta) desempeñaron un papel moi importante no axuste do seu matrimonio con Fernando de Aragón, en outubro de 1469.

En 1473 convocou o Concilio de Aranda «para combater a ignorancia e a vida disipada dalgúns clérigos».[2][3]

Pero cando os Reis Católicos fixéronse co poder, ao morrer Henrique IV en decembro de 1474, rápidamente chocaron os seus intereses. Carrillo non aceptaba o tratamento autoritario destes e, por outra banda, produciuse o ascenso a chanceler do reino de Pedro González de Mendoza, vello inimigo de Carrillo. Esta situación levoulle a un enfrontamento con Mendoza que perdería na subseguinte Guerra de Sucesión Castelá (1475-1479).

Dando un xiro absoluto á súa política, Carrillo integrouse no bando liderado polo rei de Portugal que apoiaba os dereitos ao trono castelán do seu sobriña a princesa Xoana contra Isabel a Católica. A guerra foi longa e cruel, pero a principios de 1479 unha ofensiva dos Reis Católicos derrotou definitivamente aos portugueses e obrigou a Carrillo a someterse e aceptar guarnicións reais en todas as fortalezas que controlaba, para poder continuar como arcebispo de Toledo.

Morreu semipreso no seu Palacio arcebispal de Alcalá de Henares o 1 de xullo de 1482.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Miranda, Salvador (2012). "Carrillo de Acuña, el joven, Alfonso". The Cardinals of the Holy Roman Church (en inglés). Consultado o 31/10/2012. 
  2. Mendoza Díaz-Maroto, Francisco (1984). "El Concilio de Aranda (1473) y el teatro medieval castellano" (PDF). Criticón (26): 5–15. ISSN 0247-381X. 
  3. Miguel Nieto (director). El Concilio de Aranda (teatro). Aranda de Duero; 2006.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Alfonso Carrillo de Albornoz
 Bispo de Sigüenza 
1436 - 1447
Sucesor:
Gonzalo de Santa María
Predecesor:
Gutierre Álvarez de Toledo
 Arcebispo de Toledo 
1446 - 1482
Sucesor:
Pedro González de Mendoza