Almeda
Aparencia
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| ||||
| Estado | España | |||
| Comunidade autónoma | Cataluña | |||
| Provincia | provincia de Barcelona | |||
| Ámbito funcional territorial | Ámbito metropolitano de Barcelona | |||
| Comarca | Baix Llobregat | |||
| Concello | Cornellà de Llobregat | |||
| Xeografía | ||||
| Superficie | 120,5 ha | |||
Almeda é un barrio da cidade de Cornellà de Llobregat, na provincia de Barcelona, no que se atopa a zona industrial e de negocios da cidade. Entre outros atópanse a Fira de Cornellà, o WTC Almeda Park, os grandes almacéns de El Corte Inglés, o parque de Can Mercader e moitas empresas e industrias.
Pódese chegar en transporte público a través da estación de Almeda da liña Llobregat-Anoia dos FGC, na que paran trens das liñas L8, S33, S4, S8, R5 e R6. Ademais os autobuses urbanos 94 e 95 e os interurbanos L12, L52 e L82 tamén teñen parada no barrio.
