Riera, Cornellà de Llobregat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 41°21′02″N 2°04′29″L / 41.35056, -2.07472

Cal Riu

Riera é un barrio da cidade de Cornellà de Llobregat, na provincia de Barcelona. Atópase na zona sur do concello, por debaixo do Passeig dels Ferrocarrils Catalans e por encima do curso do río Llobregat.

Nel atópanse novos equipamentos deportivos como o novo Estadi Municipal de Cornellà, o Parc Esportiu Llobregat e o RCDE Stadium, estadio do RCD Espanyol. Ademais, na mesma zona está o centro comercial Splau!.

Pódese chegar en transporte público a través da estación de Cornellà-Riera da liña Llobregat-Anoia dos FGC, na que paran trens das liñas L8, S33, S4, S8, R5 e R6. Ademais os autobuses urbanos 57, 67, 68, 94 e 95, os interurbanos L52 e L82 e o nocturno N13 tamén teñen parada no barrio.